Tratamentos Biolóxicos de Augas Residuais – Sistema de depuración doméstico. NOVA TARIFA REDUCIDA! 12


As Corcerizas Centro de Formación e Educación AmbientalAmigos da Terra celebra os días 16 e 17 de Maio un curso sobre tratamentos biolóxicos de augas residuais que analiza os procesos de contaminación das augas domésticas, presentando alternativas viables para que poidas deseñar, construir e manter un sistema de depuración doméstico sustentable.

A partir dunha metodoloxía teórico-práctica, achegarémonos ás bases da fitodepuración, analizaremos o sistema de depuración de As Corcerizas e construiremos un sistema de infiltración a terreo e un filtro verde de macrófitas flotantes.

DESTINATARIOS: Público xeral. Especialmente dirixido a persoal técnico de concellos, xestores de comunidades de montes e instalacións públicas e privadas; e todas aquelas persoas interesadas en coñecer e/ou implantar alternativas naturais para a depuración de augas nos seus fogares ou proxectos.

FORMADOR: Javier Santiago (Tp3 Enxeñería Natural, Grupo AGU), enxeñeiro técnico forestal vinculado á xestión da auga dende hai dez anos.

PROGRAMA

DATAS: 16 e 17 de Maio

HORARIO: Sábado de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h – Domingo de 10:00h a 13:00h

PREZO: 15€ (socios/as de Amigos da Terra) – 25€ (non socios/as). Inclúe matrícula, aloxamento e almorzo do domingo.

INSCRICIÓN: Envía a ficha de inscrición cuberta a info@ascorcerizas.com ou solicita información no 988 302 403

Ficha inscrición [.odt]

Ficha inscrición [.doc]

Prazo límite de inscrición: 13 de maio ata as 14:00h. (inclusive)


12 thoughts on “Tratamentos Biolóxicos de Augas Residuais – Sistema de depuración doméstico. NOVA TARIFA REDUCIDA!

    • Brais Palmás Post author

      Hola Cruz,
      Para que podamos indicarte qué participantes vienen desde A Coruña debes cubrir la ficha de inscripción.
      Nos vemos!!

  • Sandra

    Hola!!

    Eu vou soa dende Tomiño, así que se alguen vai dende a zona do BAixo MIño, COndado, Val Miñor, Vigo, vamos! calquera que teña que pasar por Porriño, podemos compartir gastos, pleasee.

    Graciñas!

  • Francisco Bello García

    Eu vou soo dende Santiago de Compostela, leve coche e teño tres plaza para compartir.
    Saudos:
    p.bello

    • Yago

      Hola Francisco, yo también voy desde Santiago. Si todavía te queda sitio podemos compartir el coche.
      A que hora tienes pensado salir el sabado?
      Te dejo mi numero para ponernos en contacto ; 647028727.
      Un saludo

    • Yago

      Hola Francisco.
      Cuando puedas confirma a que hora y desde donde salimos mañana de Santiago.
      Gracias

  • Sandra

    Igual é un pouco tarde, para Iago que sae dende Vigo.
    Eu paso en coche por Porriño, se poideras baixar de Vigo a Porriño en bus ou coche propio, xenial, compartiríamos coche dende Porriño
    Meu teléfono 686240844
    Taloghiño

    • yago de vigo

      Gracias Sandra!! pero xa quedei cun rapaz que ven dende Nigrán e ten que pasar por Vigo. !!

Comments are closed.