1995
Elaboración do proxecto inicial
Ler máis »
O nacemento de As Corcerizas tivo a súa orixe nunha iniciativa de dinamización da serra ourensá por parte da asociación cultural “Amigos dos Milagres e San Mamede“, entidade de ámbito local que abrangue os Concellos de Vilar de Barrio e Baños de Molgas. Entre as súas prioridades destacou a promoción dos valores patrimoniais, naturais e antropolóxicos da Serra da San Mamede, froito das cales no ano 1995 elaboran un proxecto coa finalidade de dinamizar este ecosistema de montaña, sendo fundamental a colaboración da Comunidade de Montes de Arnuide e do Concello de Vilar de Barrio, entidades propietarias das instalacións e terreos circundantes.
2000
Comezan as obras do equipamento e a creación do proxecto educativo
Ler máis »
Despois de moitos esforzos, no ano 2000 reciben a aprobación do proxecto por parte da Unión Europea (FSE) e a implicación de distintas administracións públicas (INEGA, AGADER, Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade, Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación) para a rehabilitación da antiga casa forestal, adaptándoa a albergue, e a construción de dúas novas instalacións, co ánimo de convertelas en polo de atracción de visitantes e acadar un maior desenvolvemento do territorio no que está inmerso.
2002
Amigos da Terra entra como entidade xestora
Ler máis »
Para a definición e posta en marcha do proxecto de As Corcerizas foi fundamental o asesoramento e apoio de Amigos da Terra, entidade xestora dende o inicio da actividade en 2002, que apostou firmemente para que os edificios foran construídos baixo criterios de sostibilidade, e para que o destino final do equipamento fora, ademais de albergue, Centro de Educación Ambiental.
2003
Remata a posta a punto do equipamento e comeza a realización de actividades
Ler máis »
Os tres primeiros anos de xestión adicaronse case exclusivamente á posta a punto do equipamento, coa realización dalgunha actividade puntual.
2005
Posta en marcha dos programas educativos e mellora do autoabastecemento enerxético
Ler máis »
Foi a partires do ano 2.005 cando se puxeron en marcha os programas educativos para nenos/as e as actividades de fin de semana para persoas adultas. Desde ese momento o proxecto foi evolucionando cara a educación ambiental e a formación da comunidade adulta, continuando a traballar paralelamente co sector infantil e xuvenil.
2008
Posta en marcha dos programas formativos
Ler máis »
As Corcerizas vaise convertendo nun referente de aplicación práctica dos principios de sustentabilidade, demostrando a viabilidade da bioconstrución e das enerxías renovables en Galicia, e incorporando novas visións e metodoloxías, como xeito eficaz de educar para a mitigación do cambio climático.
2010
A Deputación de Ourense acolle a cesión das instalacións e Amigos da Terra continúa coa xestión
Ler máis »
A Deputación de Ourense é a entidade cesionaria das instalacións, e Amigos da Terra continúa desenvolvendo un proxecto educativo en continuo crecemento, cada día máis valorado e recoñecido pola sociedade. Comeza a proxección estatal e internacional, levando a cabo eventos, congresos e seminarios.
2012
10º Aniversario de proxecto de Amigos da Terra en As Corcerizas e ampliación por 10 anos máis
Ler máis »
Amigos da Terra asina coa Deputación de Ourense a prórroga para a xestión das instalacións de As Corcerizas ata o ano 2022, o que supón para o proxecto 10 anos máis de oportunidades para lograr cambios proactivos na sociedade.
2013
Iníciase a “Comunidade de desenvolvemento de As Corcerizas”
Ler máis »
Comeza unha etapa de consolidación co inicio dunha comunidade que dinamice e desenvolva novos aspectos que reforcen e amplíen o proxecto educativo de Amigos da Terra.
2014
As Corcerizas premiada a nivel estatal e internacional como mellor proxecto de sostibilidade
Ler máis »
As Corcerizas gaña o concurso Fondo de Sustentabilidade de Hostelling International, dirixido a mellorar o patrimonio natural a través da redución de emisións de carbono. Tamén premiada a nivel estatal pola Fundación CONAMA (Congreso Nacional de Medio Ambiente) na área de enerxía e cambio climático, cun galardón honorífico que distingue as mellores iniciativas de eido local a favor da sostibilidade.