Fin de semana micolóxico – Introdución práctica aos cogumelos


Impartiranse contidos de micoloxía a nivel de iniciación empregándose técnicas de comunicación que farán amenos, comprensibles e entretidos os conceptos propostos. Farase especial fincapé na utilización de dinámicas participativas para familiarizar aos asistentes na identificación de campo e o uso de claves e guías.

DATAS: 22 e 23 de Octubre

HORARIOS: desde as 12:00 h. do sábado ata as 16:00 h. do domingo.

COMIDAS: Cea do sábado e almorzo e xantar do domingo. Os menús que ofertaremos durante esta actividade incorporarán cogumelos diversos para levar a experiencia micolóxica tamén ate o padal.

ALOXAMENTO: En literas en habitacións compartidas.

PREZO: 49,90 €

INSCRICIÓNS: Para formalizar a túa inscrición deberás adiantar 25€ en concepto de reserva. Podes facelo tanto por transferencia bancaria ou en cualquera das nosas oficinas de Ourense, Vigo ou nas Corcerizas.

DATA LÍMITE DE INSCRICIÓNS: Martes 18 de Octubre

Iniciación práctica fungos

PROGRAMA

Sábado 22

  • Mañana,12:30 h. Charla introductoria con presentación audiovisual. (90 minutos de duración + coloquio).
  • Xantar comunitario (cada quen trae a súa comida)
  • Tarde: Saída ao campo polas inmediaciones do centro. Identificación in situ e posterior no taller.
  • Charlas e comentarios sobre a toxicidade e gastronomía micolóxica dos exemplares recollidos.
  • Cea
  • Velada para quen o desexe. Anímase a traer instrumentos musicais e letras con acordes das cancións favoritas.

Domingo 23 

  • Mañá. Excursión ao monte e identificación “in situ” e posta en común posterior no taller.
  • Comentarios, dúbidas e avaliación.
  • Xantar e despedida

PROFESORADO 

  • Fernando Ramos García: Naturalista e divulgador profesional da natureza desde 1984, con ampla experiencia internacional. É portavoz e membro fundador do Colectivo Micolóxico Coruñés. En 2015, colaborou nos “Luns Micolóxicos”, participando nas Xornadas Micolóxicas da Coruña e impartido un Obradoiro Micolóxico para a o Concello de Oleiros.
  • Santiago Iglesias Valiño: Estudioso do mundo fungui desde fai mais de 20 anos e divulgador de gran experiencia, é membro da Asociación Micolóxica “Pan de Raposo” e membro fundador do Colectivo Micolóxico Coruñés. Nesta última asociación colaborou nos “Luns Micolóxicos”,  e participado nas Xornadas Micolóxicas da Coruña. Tamén impartiu talleres, charlas e saídas de identificación de cogumelos para os concellos de Rodeiro, Laracha, Oleiros e A Coruña.

NOTAS

Debido á extrema seca deste verán, a tempada está a resultar (micológicamente falando) atípica e imprevisible. Algúns expertos pensan que ao chegar as choivas podería haber un posible repunte das que deberían saír e non o fixeron.  Aconséllase aos participantes para traer cesto e navalla,

+INFO: info@ascorcerizas.com / 988 374 318