Posteos etiquetados Interpretación do Patrimonio
Coñece o Bidueiral de Montederramo! roteiro guiado pola “fraga das damas brancas”
Set 2
Amigos da Terra convídavos a participar nun roteiro interpretativo por unha das fragas mellor conservadas de Galicia, o Bidueiral de Montederramo. Propoñemos un programa de actividades para a fin de semana do 13-14 de setembro, gratuíto, aberto á participación!:
Sábado-10.30h a 19.30h. Saída ao Bidueiral de Montederramo: disfrutaremos dun bosque de especies autóctonas, coñecendo os seus usos tradicionais e mediciñais nas poboacións próximas; e o alto valor ecolóxico deste espazo como sumideiro de CO2.
Domingo-10.30h. a 13.30h. Visita As Corcerizas e voluntariado: se non coñeces o proxecto achégate a visitar os recursos do centro.
Apúntate! envia un correo a info@ascorcerizas.com e porémonos en contacto contigo.
Related Images:
Participa con Amigos da Terra na protección dos bosques!
Abr 14
O sábado 19 de abril continuaremos coas xornadas de voluntariado ambiental na Serra de San Mamede, centrando as accións no ecosistema forestal próximo a As Corcerizas; espazo de gran riqueza faunística e de diversidade de especies vexetais. Coa finalidade de seguir recuperando zonas degradadas e revalorizar os seus elementos singulares, realizaremos as seguintes actividades:
– Mellora do bosque comestible
– Deseño do “roteiro da fraga das lendas” e localización do miradoiro
– Construción dunha ponte sobre o río da lagoa
Se estás interesado/a en participar, contacta en voluntariado.galicia@amigosdaterra.net ou no 988 374 318, local de Amigos da Terra en Ourense. Horario das actividades:11h. a 19h.; saída conxunta ás 10 dende Ourense
Related Images:
Roteiros para a Xuventude. Educación ambiental e lecer
Abr 2
“Roteiros para a Xuventude” consiste nun programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.
As Corcerizas sitúase dentro do Macizo Central Ourensán, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) dentro da Rede Natura 2000. A súa localización en plena montaña, a 1.100m. de altura, constitúe un recurso ideal para a desconexión, relaxación e posta en acción de actividades de natureza e lecer.
En As Corcerizas – Serra de San Mamede están previstas as seguintes datas para os roteiros:
- Abril: 21-22
- Maio: 12-13 e 26-27
- Xuño: 9-10
Related Images:
Cualifícate en Interpretación do Patrimonio. Prazo aberto de inscrición
Abr 12
Amigos da Terra abre a convocatoria de inscrición para o Curso Aplicación da Interpretación do Patrimonio como Estratexia de Comunicación e Instrumento de Xestión.
Entendendo a Interpretación do Patrimonio como un arte, trátase de transmitir sensacións, sentimentos relevantes ao público, e despertar actitudes positivas para a conservación e coñecemento do noso patrimonio.
Trasladaremos esta definición na práctica aplicando esta potente estratexia de comunicación no medio natural en As Corcerizas e no medio urbano en Vigo.
DATAS E LUGAR: 7 e 8 de maio en As Corcerizas; 13, 14 e 15 de maio en Vigo.
DURACIÓN: 40 horas
PREZO: 175 € e 150 € para socios e socias de Amigos da Terra. O prezo inclúe matrícula do curso e aloxamento e manutención da fin de semana do 7-8 de maio en As Corcerizas.
Consulta os CONTIDOS e máis información sobre o curso.
Temario en base a cursos adaptados á Cualificación Profesional “Interpretación e Educación Ambiental”, segundo o Real Decreto 1224/2009 de Recoñecemento das Competencias Laborais.
Related Images:
Apúntate ás accións formativas de Amigos da Terra
Mar 6
Desde Amigos da Terra adiantámosvos o programa de cursos e outras accións formativas que levaremos a cabo nesta primavera. Cada curso será posteriormente convocado e detallado coa información precisa e a ficha de inscrición correspondente.
- Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, 2-3 de abril
- Seminario Estatal Cambio Climático e Biodiversidade, 8-10 de abril
- A Educación Artística como Recurso Comunicativo e de Participación, 15-17 de abril
- Aplicación da Interpretación do Patrimonio como Estratexia de Comunicación e Instrumento de Xestión, 7-8 e 14-15 de maio
- Bioconstrución: Monográfico sobre Barro, 28-29 de maio
- Recursos prácticos de Educación Ambiental no Tempo Libre, 4-5 de xuño
- Rastros de Fauna: Monográfico sobre Reptís, 12 de xuño
Reserva datas e apúntate canto antes!
Máis información dos Cursos de Amigos da Terra nesta primavera.
Related Images:
Inscríbete no Curso de Interpretación do Patrimonio. Novo formato
Out 28
Amigos da Terra organiza o curso APLICACIÓN DA INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO COMO ESTRATEXIA DE COMUNICACIÓN E INSTRUMENTO DE XESTIÓN, cun temario en base a cursos adaptados á Cualificación Profesional “Interpretación e Educación Ambiental”, segundo o Real Decreto 1224/2009 de Recoñecemento das competencia laborais.
Entendendo a Interpretación do Patrimonio como un arte, trátase de transmitir sensacións, sentimentos relevantes ao público, e despertar actitudes positivas para a conservación e o coñecemento do noso patrimonio.
Datas: 5-6-7 e 19-20-21 de novembro
Duración: 40 horas; máis posibilidade de prácticas en As Corcerizas
Prezo: 250 €; para socios/as de Amigos da Terra 230 €
Inclúe matrícula, aloxamento e manutención durante as dúas fins de semana
As plazas son limitadas
Consulta os Contidos do Curso
E inscríbete cubrindo a ficha e remitíndoa a info@ascorcerizas.com
Data límite de inscrición: 2 de novembro