Aberta a inscrición para “Comunicación e Educación Ambiental como ferramenta para o cambio”

Amigos da Terra desenvolve a fin de semana do 31 de outubro e 1 de novembro  a primeira parte do seminario “O cambio climático, unha consecuencia máis dun modelo insustentable”. Nesta primeira fase responderemos a como podemos comunicar o cambio climático e incidir eficazmente na sociedade.

O seminario está destinado a todas aquelas asociacións, empresas, administración e calquera entidade ou persoa en xeral vinculada coa educación ambiental, a comunicación e/ou o eido do cambio climático.

Contidos:

Interpretación do cambio climático dende a sociedade
A educación ambiental como alternativa para o cambio
Análise e pensamento crítico. Publicidade e cambio climático
Parches ou solucións? Agrocombustibles
Cambio climático e illas de calor urbanas: impacto globais vs efectos locais
Cidades en transición
Iniciativas fronte ao cambio climático en Galicia

Poñentes: Pablo Meira (USC), Centro tecnológico Labein Tecnalia, Faimevi (Fundación Axencia Intermunicipal de Enerxía de Vigo), Verdegaia, CEIDA (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia), MeteoGalicia (Consellería de Medioambiente, Territorio e Infraestruturas), Amigos da Terra.

Prezo: 25 € para socios/as e 30 € para o resto de participantes. Inclúe desprazamento dende Ourense, aloxamento, e alimentación ecolóxica local e comercio xusto, na medida do posible.

Programa:  Comunicación e Educación Ambiental como ferramentas para o cambio

Ficha de inscrición: Formato odt, Formato pdf, Formato doc


2 Comments

  1. Yolanda comenta:

    Outubro 27, 2009 @ 1:01 p.m.

    Bos días,

    A miña consulta é sobre o desprazamento ata As Corcerizas, se hai medio de transporte para ir ao curso ou se cada participante vai ata alí de forma individual, e se se iría o venres á tardiña ou o sábado pola mañán. Tamén quería saber o horario de comezo e remate do curso. Grazas

  2. Rebeca Carreiro comenta:

    Outubro 27, 2009 @ 2:12 p.m.

    Ola Yolanda bo día!

    Debido a que todavía hai xente sen confirmar os horarios dos que poden dispoñer, estamos á espera de xuntar un grupiño de persoas para subir o sábado ás 9:00 da maña nun microbus, en caso contrario, habería que subir en transporte propio. De todas formas vos avisaremos o xoves do que se fará ao final. Referente aos horarios do seminario, comezaremos o sábado sobre ás 10:15 da mañá, e remataremos o domingo despois de xantar, máis ou menos sobre as 16:00. Calquer outra consulta ponte en contacto con nos. Gracias.

    Un saúdo

RSS dos comentarios desta entrada