Posta en marcha do plan enerxético 2006
Conforme ás melloras establecidas no convenio de colaboración entre Amigos da Terra e o Inega, estase procedendo á instalación dun sistema de xeración térmica por biomasa, que proveerá ás instalacións de As Corcerizas dun innovador sistema de calefación automático para o seu quecemento, á vez que mellorará o rendemento do xa existente no albergue. Ademáis dotará de auga quente sanitaria á aula e ao comedor.
Para a montaxe e posta en marcha desta instalación de Biomasa contamos co apoio da empresa de Enerxías Renovables Termia, gracias á cal implantaremos un avanzado modelo de caldeira que pode utilizar como combustible diferentes tipos de subproductos ou residuos: pellets, serrín, osos de aceituna…
Proxectos e Instalacións de Enerxías Renovables
Os motivos polos que a biomasa, a pesar de usar a combustión, é máis ecolóxica que os combustibles fósiles como os derivados do carbón ou petróleo, é que o balance de CO2 é neutro, xa que a cantidade que a caldeira expulsa para a combustión da biomasa é igual á que esta biomasa capturou da atmósfera durante o seu crecemento.
Gracias ao esforzo conxunto de Amigos da Terra, o Concello de Vilar de Barrio, e a Asociación Amigos dos Milagres e San Mamede, faise realidade este proxecto que aporta un pouco máis de sustentabilidade ao conxunto do Centro.