Instalacións e Criterios


Recurso Educativo Exemplar

O Centro deseñouse seguindo a filosofía de Amigos da Terra, e cun importante matiz diferencial entre o resto dos equipamentos de educación ambiental galegos, pois apostamos porque o propio equipamento constituíra en si mesmo un recurso educativo exemplar, incorporando na súa construción aqueles principios que servirían de base ao seu proxecto educativo, e que a súa vez son coherentes cos principios dunha asociación ecoloxista cun fondo compoñente de compromiso social.

Instalacións e Criterios de As Corcerizas

As Corcerizas preséntase a día de hoxe como un centro de educación ambiental e albergue pioneiros, e con poucos referentes equiparables no Estado por estar concibida seguindo esta perspectiva de sostibilidade dende a súa planificación, construción, xestión e uso:

Edificios eficientes no uso da enerxía: Bioconstrución

As instalacións constan de Aula, Comedor e Albergue con capacidade para 45 persoas.

No seu deseño, construción e melloras realizadas, aplicáronse técnicas e criterios de Bioconstrución, que incorporan sistemas produtivos eficientes e aforradores de enerxía; materiais saudables e respetuosos co medio en todos os momentos do seu ciclo de vida (produción, utilización, eliminación), elaborados no territorio próximo e respetando os usos tradicionais.
Ler máis »

Enerxías Renovables: Sistema descentralizado e con supervisión remota

O sistema enerxético de As Corcerizas é totalmente independente da rede eléctrica convencional, conformando o que se coñece como “illa enerxética”. Toda a produción eléctrica provén exclusivamente de enerxías renovables, demostrando a viabilidade e beneficios da diversificación das fontes de produción local.
Ler máis »

Minimización dos Residuos

Pretendemos reducir ao máximo posible a produción de residuos en todo o ciclo de vida dos produtos, mediante compras a granel e co mínimo embalaxe posible, de baixo impacto, priorizando o reutilizable e rexeitando algúns produtos tendo en conta a súa pegada ecolóxica.

Aplicamos o principio de reciclaxe coa compostaxe dos restos orgánicos; e a depuración biolóxica das augas residuais mediante a utilización dun sistema de plantas acuáticas en flotación.
Ler máis »

Alimentación Sostible

En As Corcerizas preparamos as comidas, na medida do posible, con alimentos procedentes da agricultura ecolóxica e local, demostrando a viabilidade do seu consumo e apoiando o desenvolvemento das pequenas explotacións da zona. Para aqueles produtos que non son cultivables de xeito local, recurrimos aos canais de comercio xusto, como no caso do café, cacao ou panela.
Ler máis »