Aluguer de Instalacións


As Corcerizas é un recurso, e como tal queremos compartilo!

Se formas parte dunha ONG, asociación, cooperativa ou calquera outra entidade cuns criterios compatibles coa nosa visión, anímate a propor unha asemblea, xuntanza de traballo, curso ou convivio en As Corcerizas.

Poderedes disfrutar de todos os servizos e comodidades:Aula en As Corcerizas

Aula: construído con criterios de arquitectura bioclimática e materiais de bioconstrución. Posúe unha superficie de 80m² con sistema de calefacción, garantindo a total comodidade dos/as participantes. A aula está equipada con mobiliario docente para 50 persoas, ademais dos elementos auxiliares necesarios e medios audiovisuais (canón de luz, pantalla de proxección, ordenador, pizarra, etc.)

Comedor: instalación deseñada con criterios e materiais de bioconstrución. Dispón do mobiliario necesario para ofrecer servizo para 60 persoas. Consta dunha sala multiusos-comedor superior a 130m², aseos, e un adaptado para persoas con discapacidade; sala de material, oficina, cociña industrial, sistema de calefacción e cheminea.

Albergue: con capacidade para 40 persoas (baño e 2 camas adaptadas para persoas con discapacidade) distribuídas en habitacións grandes de 16 prazas, e 2 pequenas de 5 e 3 prazas; un salón comunitario con cheminea, unha cociña de libre uso, unha enfermería e recepción. Dispón de calefacción en todas as habitacións.

Tarifas e Condicións

Ler máis »

Promocións

Ler máis »