Educación Ambiental para Nenos/as
O proxecto educativo de As Corcerizas entronca cos tres eixes definitorios Sentir, Coñecer e Actuar, que Amigos da Terra aplica, como filosofía de base, no desenvolvemento das actividades, proxectos e programas:
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Sentir e desenvolver no entorno as capacidades multisensoriais. Unha aproximación afectiva que abrangue transversalmente cada actividade entre o equipo docente e os/as participantes. Esta apropiación afectiva do contorno é o primeiro paso para o coñecemento e a acción. Coñecer os datos, estudar e analizar reflexivamente os beneficios/impactos e as repercusións das nosas actuacións e actividades. Entendemos a educación ambiental como unha actuación que xere escenarios propicios para un proceso de aprendizaxe no que o camiño a percorrer resulte tan motivador como o obxectivo final. Actuar de xeito cooperativo para a resolución, para o cambio, para xerar actitudes e aptitudes pro-ambientais. Capacitar para a acción a través dun proceso de procesos no que todos e todas somos actores determinantes, e soamente entre todos e todas atoparemos solucións perdurables. Baixo estes eixes, propomos xornadas temáticas adaptadas aos diferentes grupos escolares:
|
Podes solicitarnos información mediante este formulario: