Campamentos Ambientais
A aposta firme de Amigos da Terra por unha educación ambiental de calidade, a coherencia das instalacións e a xestión, e a profesionalidade da equipa, aportan nos campamentos unha experiencia vivencial e integral de alto valor, educando para vivir con coherencia e respecto nunha sociedade de futuro.
![]() |
|
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
Todas as actividades de achegamento á natureza desenvólvense cun dobre carácter: de serio compromiso ético e cunha metodoloxía lúdica e motivadora; proporcionando unha educación e información de calidade, veraz e adecuada ao grupo. Estas actividades son escollidas e organizadas para adquirir, ademais de novos coñecementos, actitudes e capacidades como psicomotricidade, cooperación, respecto mutuo, coordinación, socialización, imaxinación, axilidade física e mental; enfocadas sempre baixo unha perspectiva educativa á vez que lúdica. Ofertamos dúas alternativas de Campamentos Ambientais, con diferentes temáticas adaptadas a diferentes grupos de idade:
Seguindo a política de sostibilidade que caracteriza ao proxecto, tentamos de manter unha visión educativa integral, buscando a orixe común e a multicausalidade da problemática ambiental, e non tratando os temas de xeito illado. Conceptos tan importantes como o de Consumo responsable van implícitos, seguindo unha liña transversal en todas as actividades dos campamentos de As Corcerizas. A incorporación dunha alimentación sostible procedente de agricultura ecolóxica, e na medida do posible local e de tempada, acreditan que agora mesmo existen alternativas realistas e acadables. Resulta, por tanto, a mellor ferramenta para sensibilizar e concienciar da necesidade de cambiar os nosos hábitos alimenticios para o ben da nosa saúde, o medio ambiente e a prosperidade do rural galego. |
Podes solicitarnos información mediante este formulario: