As Corcerizas atópase dentro da Rede española de albergues xuvenís, R.E.A.J., formando parte de Hostelling International; rede que premiou a nivel mundial o proxecto de soberanía enerxética de As Corcerizas no concurso 2013 do Fondo de Sostenibilidade.

2014_03_05_02
2014_03_05_03 2014_03_05_01
A función de Amigos da Terra na xestión do albergue, ademais de proporcionar un servizo de aloxamento de calidade, compleméntase cunha educación ambiental informal que se potencia desde a experiencia vivida no uso e desfrute das instalacións.

Tarifas aloxamento:

  • Ata 20 persoas: 15 €
  • Grupos de máis de 20 persoas: 13 €

Tarifas aloxamento con almorzo:

  • Ata 20 persoas: 18 €
  • Grupos de máis de 20 persoas: 16 €

Tarifas aloxamento con pensión completa: 40 €

O albergue dispón de cociña e sala de libre uso.
Prezos con i.v.e. incluido.

Podes solicitarnos información mediante este formulario:

    Información Solicitada:

    O teu nome (obrigatorio)

    Apelidos (obrigatorio)

    O teu email (obrigatorio)

    Teléfono de contacto

    Asunto

    A túa mensaxe

    Informámoslle que de conformidade co establecido na Lei Orgánica 15/1999 de Protección de Datos de Carácter Persoal e o seu regulamento de desenvolvemento, os seus datos de Carácter Persoal, son incluídos en ficheiros titularidade desta entidade coa finalidade de xestionar correctamente a súa solicitude de información.

    Non obstante o anterior, poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito acompañado de copia de documento oficial que o identifique dirixido a Amigos de la Terra, rúa Bedoia, 5-2ºD. 32004 Ourense.