Un pouco de historia
O nacemento de As Corcerizas tivo a súa orixe nunha iniciativa de dinamización da serra ourensá por parte da asociación cultural “Amigos dos Milagres e San Mamede“, entidade de ámbito local que abrangue os Concellos de Vilar de Barrio e Baños de Molgas. Entre as súas prioridades sempre destacou a promoción dos valores patrimoniais, naturais e antropolóxicos da Serra da San Mamede. Froito destas inquedanzas no ano 1995 elaboran un proxecto coa finalidade de dinamizar este ecosistema de montaña, sendo fundamental a colaboración da Comunidade de Montes de Arnuide e do Concello de Vilar de Barrio, entidades propietarias das instalacións e terreos circundantes.
Despois de moitos esforzos, no ano 2000 reciben a aprobación do proxecto por parte da Unión Europea (FSE) e a implicación de distintas administracións públicas (INEGA, AGADER, Dirección Xeral de Xuventude e Solidaridade, Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación) para a rehabilitación da antiga casa forestal, adaptándoa a albergue, e a construción de dúas novas instalacións, co ánimo de convertelas en polo de atracción de visitantes e acadar un maior desenvolvemento do territorio no que está inmerso. Para a definición e posta en marcha do proxecto de As Corcerizas foi fundamental o asesoramento e apoio de Amigos da Terra, entidade xestora dende o inicio da actividade en 2002, que apostou firmemente para que os edificios foran construidos baixo criterios de sostibilidade, e para que o destino final do equipamento fora, ademais de albergue, Centro de Educación Ambiental.
Os tres primeiros anos de xestión dedicaronse casi exclusivamente á posta a punto do equipamento, coa realización dalgunha actividade puntual. Foi a partires do ano 2.005 cando se puxeron en marcha os programas educativos para nenos/as e as actividades de fin de semana para persoas adultas. Desde ese momento o proxecto foi evolucionando cara a educación ambiental e a formación da comunidade adulta, continuando a traballar paralelamente co sector infantil e xuvenil. Co paso do tempo e a medida que o proxecto madura, As Corcerizas vaise convertendo nun referente de aplicación práctica dos principios de sustentabilidade, demostrando a viabilidade da bio
Na actualidade a Deputación de Ourense é a entidade cesionaria das instalacións, e Amigos da Terra continúa desenvolvendo con ilusión e seguridade un proxecto educativo en continuo crecemento, cada día máis valorado e recoñecido pola sociedade. |
HISTOGRAMA: 1995 2000 2002 2003 2005 2008 2010 |