Quen somos
As persoas que estámos detrás do proxecto educativo de As Corcerizas somos a propia base social que o respalda.
![]() |
|
![]() |
![]() |
Persoas socias e voluntarias de Amigos da Terra e un equipo técnico con ampla experiencia e cualificación.
A longa traxectoria do seu equipo técnico en temas de educación, formación, animación e divulgación, aportan a confianza necesaria que garante un programa educativo e formativo de alta calidade.
En As Corcerizas os/as participantes adquiren coñecementos e actitudes desde unha metodoloxía lúdica e motivadora, adaptada ao público e tipo de actividade, que os/as capacita para vivir con coherencia e respecto nunha nova sociedade.
Dende o ano 1998 o traballo serio e comprometido, desde un enfoque construtivo, fixeron de Amigos da Terra unha entidade respectada e valorada, cun equipo multidisciplinar no que confiar a posta en marcha de diferentes proxectos e actividades.
Dacordo co Decreto 50/2000, as nosas actividades desenvolvense cun ratio de 1 educador/a por cada 10 participantes, e os/as especialistas e expertos/as correspondentes cando a actividade o require.