Participa nas xornadas de voluntariado e desfruta do entroido!

voluntariado020314_vweb

Dende este venres 28 ata o martes 4 de marzo, As Corcerizas pon a túa disposición o albergue para que podas disfrutar do entroido ourensán, á vez que colaboras co proxecto.

Durante a fin de semana, convidámosche a colaborar na preparación do terreo para a horta que imos poñer en marcha. Recuperaremos os materiais dun cercado abandonado no monte e prepararemos a terra para os bancais. E a partir do domingo poderás seguir aloxándote de xeito gratuíto no albergue para disfrutar do triángulo máxico do Entroido ourensán.

Aproveita a ocasión e apúntate en info@ascorcerizas.com!

Ler mais…

III Curso de Horto Ecolóxico e Permacultura

DSC02544Amigos da Terra pon en marcha, do 7 ao 9 de marzo, a III edición do curso, na que aprenderemos a deseñar una horta aplicando os principios da permacultura.

Cunha metodoloxía participativa levaremos a cabo unha introdución a este sistema de deseño ecosistémico. Posteriormente, poremos en práctica o sistema mediante a creación dunha horta permacultural en As Corcerizas. Analizaremos a paisaxe e os distintos elementos do deseño (solo, auga, bosque comestible…) e xuntas prepararemos o solo, contruiremos os bancais, e sementaremos os primeiros cultivos.

O curso será impartido por Bugui García, especialista en permacultura e Jacobo Ojea, produtor ecolóxico da Horta do Cadaval. Aproveita esta oportunidade para iniciarte no mundo da permacultura e para cultivar os teus propios alimentos nun ecosistema harmónico!

Ler mais…

Participa no workshop de bioconstrución

En Amigos da Terra apostamos por un cambio de modelo enerxético, apoiando o aforro e a eficiencia enerxética; e promovendo o uso e autoxestión das renovables a través dun modelo distribuído como o de As Corcerizas. 

121027_muro_radiante01

121027_muro_radiante02

121027_muro_radiante03

Nesta liña, a fin de semana do 22-23 de febreiro convidámosche a que participes directamente na creación deste novo modelo, a través da campaña ésta é a nosa enerxía!:

  • Coñecendo como formar parte activa na xestión da electricidade como consumidora e posible produtora.
  • Empregando sistemas baseados no aforro e eficiencia enerxética: workshop de muros radiantes con barro crú para a calefación.

Ler mais…

Próximos cursos de Amigos da Terra, consulta as datas!

2014_cursos_primaveraNos vindeiros meses, desenvolveremos as seguintes accións:

  • Febreiro 22-23: Workshop de bioconstrución; participación na construción de muros radiantes con barro crú.
  • Marzo 8-9: Deseño en Permacultura e práctica de horta.
  • Marzo 20-23: Deseño, montaxe e mantemento de sistemas eólicos de pequena potencia. Práctica real-montaxe dun eólico.
  • Abril 12-13: Cociña ecolóxica, natural e local.
  • Abril 26-27: Bio-Decoración creativa.

Continuaremos informando de cada curso, cos contidos, formadores/as, prezos e modo de inscripción. Nos meses de maio e xuño máis… estade atentas/os!

Reduce a pegada de carbono! novas xornadas escolares

261213_escautsApunta ao teu centro escolar ás novas xornadas gratuítas en As Corcerizas, baixo o programa Reduce a túa pegada de carbono! enmarcado no premio de sustentabilidade de Hostelling International.

Amigos da Terra convida a 8 centros escolares a participar gratuitamente nunha xornada didáctica durante o mes de maio, na que se analizarán as principais fontes de emisións de CO2, a nosa relación coa produción e a capacidade que temos para influir na súa redución. A través de propostas concretas pretendemos ser parte das posibles solucións, demostrando e divulgando a viabilidade dunha pegada de carbono mínima. A partir de 1º da E.S.O.

Consulta a programación e inscribe ao colexio canto antes!: PROGRAMA PEGADA DE CARBONO

Ler mais…

As Corcerizas gaña un premio internacional de sostibilidade. Comezamos co proxecto!

070114_grupo_premio

Amigos da Terra obtivo o recoñecemento do premio Fondo de Sustentabilidade que outorga Hostelling International, a través do proxecto de soberanía enerxética de As Corcerizas.

Este premio internacional ten como finalidade a conservación do medio ambiente, apoiando proxectos dirixidos a mellorar o patrimonio natural mediante a redución das emisións de carbono. Este mes de xaneiro comezamos coas accións do proxecto, síguenos!

As Corcerizas é sustentabilidade, é necesaria, posible… e contigo realidade!

Ler mais…

Desexámosvos unha boa enerxía que ilumine o 2014!

arbore_estevo_900Con esta árbore, Amigos da Terra quere felicitarvos as festas e desexarvos unha boa enerxía que ilumine o vindeiro 2014.

Trátase dunha árbore de nadal de 75 metros de altura feita con lámpadas solares! activistas de Amigos da Terra quixeron lanzar, xunto ao Encoro de Santo Estevo do Sil, unha mensaxe clara á cidadanía: é posible desconectarse da rede e conectarse á enerxía solar, como demostramos en As Corcerizas. Por iso, reclamamos unhas políticas enerxéticas que fomenten as renovables e unha enerxía descentralizada. Únete!

AMPLIAR INFORMACIÓN

Este nadal escápate a As Corcerizas!

041213_promo_nadalO albergue de As Corcerizas ofreceche unha alternativa para que pases os festexos en grupo ou de xeito individual, compartindo o encanto da serra no inverno.

Ademais de presentarse como un espazo de relax e desfrute da natureza, constitúe unha boa opción para facer novas actividades: roteiros pola montaña, autoprodución de fungos, obradoiros de cosmética natural, velas ecolóxicas, etc. Consulta as promocións de fin de semana de decembro, ou pasa o fin de ano na montaña.

Comeza o 2014 en As Corcerizas!
Ler mais…

Excelentes resultados do encontro da REAJ

201113_encontro_reajAmigos da Terra participou no IX Encontro de albergues xuvenís da REAJ, este ano celebrado no Albergue Xuvenil Castillo de San Servando, en Toledo, do 20 ao 22 de novembro.

Durante o encontro, abordaronse proxectos nacionais e internacionais de promoción das instalacións xuvenís, e compartíronse experiencias a través de varias ponencias de temáticas diversas: xestión alimenticia; relacións e conflictos en grupo; e boas prácticas nos albergues, tema no que destacou a exposición do proxecto de As Corcerizas.

Ler mais…

Xornadas de PrantaFragas, activismo na Serra!

voluntariado_prantafragasDende Amigos da Terra continuamos coas accións de revalorización e recuperación do monte no entorno de As Corcerizas! Esta mesma fin de semana un grupo de activistas da asociación organiza e levará a cabo un plan de coñecemento e acción pola Serra de San Mamede: XORNADAS DE PRANTAFRAGAS.

Empregaranse as sementes recollidas neste mesmo mes, na súa maioría landras de carballo da zona da Limia.

Estades todas/os convidadas/os a pasar a fin de semana en As Corcerizas, e implicarvos na restauración destes montes, apuntádevos!

Ler mais…