Finaliza con éxito a I edición do programa escolar: Reduce a pegada de carbono!

escolares_IES_Anxel_Fole

As Corcerizas é un exemplo de aplicación de criterios de redución de emisións. A través do premio Fondo de Sustentabilidade, incorporaronse novos recursos para continuar minimizando a pegada de carbono, como a instalación dun pequeno eólico e a construción de muros radiantes para a calefacción. 
Neste marco Amigos da Terra convidou a 8 centros escolares a unha xornada didáctica, na que as/os participantes analizaron as principais fontes de emisións de CO2, a nosa relación coa produción e a capacidade que temos para influir na súa redución.
Agradecemos aos centros a súa participación e dinamismo! 
Aquí unha presentación das FOTOGRAFÍAS DAS XORNADAS

As Corcerizas no Salón da Construción: alternativa ás compañías eléctricas

AGAENAmigos da Terra presenta as alternativas que ofrece o seu proxecto de As Corcerizas para un cambio de modelo enerxético no Salón da Construción de Galicia SICO 2014.

Será o xóves 5 de xuño ás 18h., no marco das xornadas técnicas organizadas por AGAEN, Cluster Galego do Autoconsumo Enerxético; entidade que aboga polo autoconsumo enerxético e a xeneración distribuida de electricidade. As Xornadas contarán con especialistas en enerxías renovables, bioconstrución, técnicas de eficiencia enerxética, empleo de cámaras termográficas para detectar fallos de illamento, etc. MAIS INFORMACIÓN

As Corcerizas, un reto en constante evolución

premioAsCorcerizas

As Corcerizas é un reto, un proxecto transformador no que Amigos da Terra fixo unha aposta por demostrar que as utopías non só poden ser unha realidade, senon que esa realidade se fixera físicamente exemplar, pois non hai mellor xeito que facer para despois poder falar. Corcerizas nace e desenvolve o seu proxecto co reto de demostrar a viabilidade e importancia de poñer en práctica un proxecto educativo cun equipamento en total coherencia socioambiental, e impulsar o desenvolvemento de novos modelos de sustentabilidade.

Os principais ingredientes que convertiron en realidade esta iniciativa, agora recoñecida internacionalmente, siguen evolucionando viva e dinámicamente como a propia natureza na que está asentada.

Ler mais…

Curso de deseño de Permacultura

2014permacultura_curso12 a 27 de xullo en As Corcerizas, con máis de 100 horas!

Apúntate a esta formación ecopedagóxica baseada nunha aprendizaxe inclusiva e compartida, vinculando o coñocemento adquirido coas experiencias e circunstancias da vida diaria.

Mantendo o respeto polo currículum convencional de 72 horas dun CDP, traballaremos na aplicación práctica da ética, principios, técnicas e coñocemento ecolóxico e social da permacultura; con certificado recoñecido internacionalmente.

Consulta o PROGRAMA diario, currículum do facilitador, etc.

Ler mais…

Campo de traballo en agosto, apúntate!

130801_campo_traballo

Este verán levaremos a cabo un novo Campo de Traballo Internacional en As Corcerizas, dirixido a persoas entre 18 e 30 anos.

Do 1 ao 12 de agosto desenvolveremos actividades de bioconstrución e autoconstrución, nun ambiente participativo e lúdico.

Tamén se traballará na protección do contorno natural, recuperando o ecosistema forestal e vixiando para a detección de posibles lumes na Serra de San Mamede; xunto con roteiros pola montaña, obradoiros, e dinámicas grupais que fomentarán un ambiente amigable e distendido. {INFORMACIÓN AMPLIADA}

Consulta aquí as condicións xerais e modo de inscrición a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado,que apoia e promove esta iniciativa a través da campaña Acción de Verán.

A cal e os seus usos: curso práctico

cal_1-300x234

A asociación galega para a bioconstrución, ESPIGA, organiza esta formación en As Corcerizas co obxectivo de poñer en coñecemento das participantes a cal en pasta, para a súa aplicación en restauración e/ou conservación do Patrimonio Histórico, bioconstrución, construción ecolóxica e autoconstrución.

Da man de JOYSTUC coñeceremos a versatilidade que presenta este gran material aplicable tanto en exteriores como interiores.

O curso levarase a cabo do 15 ao 17 de maio, e vai dirixido especialmente a profesionais do mundo da construción e do estuco. Pero tamén a todas aquelas persoas interesadas na mellora da calidade das súas vivendas e da sostibilidade. Consulta aquí o PROGRAMA E CONDICIÓNS, e inscríbete!

Participa con Amigos da Terra na protección dos bosques!

260414voluntariado_bosquesO sábado 19 de abril continuaremos coas xornadas de voluntariado ambiental na Serra de San Mamede, centrando as accións no ecosistema forestal próximo a As Corcerizas; espazo de gran riqueza faunística e de diversidade de especies vexetais. Coa finalidade de seguir recuperando zonas degradadas e revalorizar os seus elementos singulares, realizaremos as seguintes actividades:

– Mellora do bosque comestible

– Deseño do “roteiro da fraga das lendas” e localización do miradoiro

– Construción dunha ponte sobre o río da lagoa

Se estás interesado/a en participar, contacta en voluntariado.galicia@amigosdaterra.net ou no 988 374 318, local de Amigos da Terra en Ourense. Horario das actividades:11h. a 19h.; saída conxunta ás 10 dende Ourense

Primeiros vatios de minieólica intelixente en As Corcerizas

230314instalacion_eolico_anelionEste domingo, 23 de marzo de 2014, vai supoñer un antes e un despois a nivel enerxético para As Corcerizas! Logrouse con éxito a instalación dunha nova máquina de pequena potencia que mostra un novo concepto de minieólica: máxima eficiencia, fiable, con baixos niveles de ruído e sen mantemento. Este novo aeroxerador Anelion SW3.5 distínguese por ter un sistema de regulación e control de potencia puramente electrónico, que agora está a producir xa os primeiros vatios na Serra de San Mamede.

Fotos do procesoPresentación instalación aeroxerador

Ler mais…

Campamentos de verán con Amigos da Terra!

130207_banho_campa_webÁbrese o prazo de inscrición para os campamentos de 2014 con Amigos da Terra! En As Corcerizas creamos un marco de convivencia e traballo en equipo no que se desenvolven os valores que defende Amigos da Terra baseados no respecto pola natureza dende unha visión positiva e construtiva.

Disfrutarán de variadas actividades educativas, de animación, excursións, obradoiros creativos, xogos populares, dinámicas de grupo, asembleas e debates sobre temas ambientais. Aquí podes consultar máis información sobre o enfoque e actividades deste ano.

  • Do 1 ao 7 de xullo: 8 a 11 anos
  • Do 8 ao 14 de xullo: 12 a 15 anos

Ler mais…

Curso de Deseño, montaxe e mantemento de sistemas eólicos

eolico_instalacionÁbrese a inscrición para o curso que levaremos a cabo en As Corcerizas os días 21 a 23 de marzo: Deseño práctico, montaxe e mantemento de sistemas eólicos de pequena potencia para instalacións de autoconsumo, autónomas ou conectadas á rede.

A formación baséase na configuración dun sistema eólico de pequena potencia e na súa montaxe real, coa posta en marcha, comprobación e mantemento. Consulta o programa: APLICACIÓN INSTALACIÓNS EÓLICAS

DIRIXIDO A: estudantes, formadores/as, electricistas, e profesionais en xeral do sector; emprededores/as, etc., e calquera persoa que teña interese en aproveitar a enerxía do vento para producir electricidade.

PREZO: 175€; 150€ para socios/as de Amigos da Terra; inclúe matrícula, aloxamento e manutención (alimentos ecolóxicos e locais, no posible)

Ler mais…