Mesa redonda sobre a enerxía eólica

O 25 de febreiro Amigos da Terra participará na mesa da Plataforma en defensa da serra do Galiñeiro da que forma parte. A intervención consistirá na exposición doutro modelo posible de desenvolvemento baseado no uso de renovables dun xeito máis sostible, a través da experiencia de As Corcerizas.

Unha cita relevante para a reflexión, especialmente unha vez coñecido que o goberno recortará as axudas para as enerxías renovables.

Esperámosvos en Vigo, no Auditorio Municipal do Areal a partir das 17h. , onde poderedes obter máis información sobre a enerxía eólica dende diferentes puntos de vista.

Alimentos Quilométricos: novo programa escolar!

Os alimentos que comemos veñen cada vez de máis lonxe: hortalizas de Marrocos, garbanzos de México, viño de Chile.. Ademais, cada vez é maior a cantidade de alimentos que importamos, contribuindo ao abuso dos recursos naturais dos países do Sur e agravando o cambio climático pola gran cantidade de emisións de gases de efecto invernadero que supón.

Investiguemos como frear o cambio climático co que comemos cada día!

Convidámosvos a participar nas xornadas educativas que levaremos a cabo dende o mes de marzo ata xuño.

OS 3 PRIMEIROS CENTROS EN APUNTARSE DISFRUTARÁN DA XORNADA DE XEITO GRATUÍTO! coa financiación da Fundación Biodiversidad, a través do proxecto estatal do que forma parte este programa e que desenvolve Amigos de la Tierra en diferentes puntos do estado español.

Ler mais…

Conferencia sobre a xestión enerxética de As Corcerizas na Facultade de Ciencias de Ourense

Amigos da Terra abre o Ciclo de Conferencias organizado pola asociación de estudantes da Facultade de Ciencias de Ourense ECOUS, cunha ponencia sobre o proxecto de As Corcerizas.

A intervención estará centrada na experiencia de xestión dun sistema autónomo de enerxía baseada exclusivamente no uso de renovables, dende o caracter científico do ciclo.

Data: mércores 15 de febreiro

Hora: 17.00h.

Lugar: salón de actos da Facultade de Ciencias de Ourense

A asistencia será gratuíta, con opción a obter un crédito ECTS na Universidade de Vigo. O ciclo continuará ata o mes de maio, consulta o diptico das conferencias

 

Máis información:ecousuvigo.blogspot.com; ecous@fcou.uvigo.es

6ª edición do Programa Sentir, Coñecer e Actuar

Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis no Programa Escolar de Educación Ambiental: Sentir Coñecer e Actuar

Xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro

O programa ofrece diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos de primaria e secundaria: cambio climático, enerxías renovables, bioconstrución, residuos, aplicación de metoloxías científicas, coñecemento do medio e cooperación.

As xornadas serán desenvoltas nas instalacións de As Corcerizas e no entorno do Macizo Central Ourensán.

Contacta con nós en:

info@ascorcerizas.com
Telf: 988 374 318 / 986 125 171

  • Rúa da Concordia 20, 2º esquerda 32003 – Ourense
  • Rúa Policarpo Sanz, 17 – 1º D. 36202 – Vigo

Participación no curso de Educación Ambiental Rural en Cantabria

Esta pasada semana o proxecto de As Corcerizas estivo presente en Cantabria para participar no curso de Educación Ambiental Rural que está a desenvolver o CEDREAC – Centro de Documentación y Recursos para la Educación Ambiental de Cantabria.

Co obxectivo de transmitir a experiencia destes casi 10 anos de traballo nun entorno de montaña como é a Serra de San Mamede, o CEDREAC convidou a Amigos da Terra a divulgar as ferramentas que poden proporcionar unha batería de ideas para os/as participantes, moi interesados/as en iniciar os seus proxectos no rural.

O bo ambiente e a activa participación dos/as asistentes facilitaron o dialogo e potenciaron a reflexión cara distintas posibilidades, iniciativas e capacidades para a acción.

Colabora na recuperación do monte de As Corcerizas

Xornadas de Recuperación de zonas afectadas polos lumes. Coñecer, valorar e capacitar para actuar, 26-27 novembro

Logo da dramática desfeita que os incendios forestais produxeron este ano nos nosos montes e ecosistemas, dende Amigos da Terra propomos unhas xornadas de sensibilización e acción na Serra de San Mamede, Macizo Central Ourensán.

Sábado 26, a partires das 17.30h.: prepararación do Nendo Dango e materiais.

Poderedes aloxarvos de xeito gratuíto no albergue! ou vir directamente o domingo.

Domingo 27, en horario de 10.30h. a 18.00h.:

  • Recollida de sementes
  • Roteiro interpretativo. Observación e valoración das repercusións do lume
  • Plantación de estaquiñas de salgueiro a carón dos regueiros
  • Sementeira e plantación de árbores e método Nendo Dango (bolas de arxila con sementes autóctonas)

Consulta o Programa das Xornadas

 

Ficha de inscricion xornadas monte formato odt

Ficha de inscricion xornadas monte formato doc

Colabora nesta actividade:

concello ourense

 

Participa no curso de cociña vexetariana e envasados

Coa idea de promover hábitos de consumo máis saudables, os días 12 e 13 de novembro levaremos a cabo un curso no que coñeceremos criterios de cociña vexetariana, coa fin de incorporar máis verduras, hortalizas e legumes na nosa alimentación diaria.

Elaboraremos receitas con productos de tempada e de orixe ecolóxica e local, descubrindo ademais novas posibilidades para poder conservalos durante todo o ano.

Vai ser divertido, ameno e sobre todo imos poder degustalo!

 

Actividade gratuita finaciada polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño. Inclúe matrícula, aloxamento e manutención.

Ler mais…

Divulgando a Bioconstrución

Xa están dispoñibles as presentacións do curso avanzado de bioconstrución. Unha pequena parte de todo o falado e practicado, pero unha boa guía para continuar coa formación e divulgación de toda esta información.

EL BARRO EN LA CONSRUCCION – GUIDO TOMASINI: información da historia do uso do barro, descrición, propiedades e posibilidades de aplicación hoxe en día.

TERMICA DE LOS EDIFICIOS – ROMAIN DENISOT, OIKOS: información sobre a concepción térmica dunha edificación, importancia do illamento, cómo facelo e materiais máis axeitados.

MARCO LEGAL – ANA LOPEZ, FAIMEVI: información sobre normativa a nivel europeo, estatal e autonómico; sistemas internacionais de certificación; empresas de servizos enerxéticos; e edificios sostibles.

Podedes consultalas e descargalas pinchando aquí

Tamén dispoñedes das galerías de fotos das dúas fins de semana:

Fotos fin de semana 30 de setembro – 2 de outubro

Fotos fin de semana 7 – 9 de outubro

Continúa a formación en Bioconstrución en As Corcerizas

Logo das intensas e enriquecedoras xornadas de formación con Guido Tomasini e Suso López, o vindeiro venres daremos continuación ao curso de bioconstrución da man de Romain Denisot e Ana Belén Albo; quen analizaran, dende distintos pontos de vista, os sistemas térmicos das edificacións.

 

E xa o sábado daremos inicio ao Monográfico de Rehabilitación e construción con cal; un curso dirixido a un público máis específico, onde se tratarán de xeito teórico-práctico conceptos como o funcionamento higrotérmico dos edificios antigos, proceso de fabricación e características da cal, usos e elaboración de morteiros e pinturas de cal.

 

Máis información e programa sobre os cursos nesta nova

Algunhas fotillos da 1ª parte do Curso de Bioconstución, nesta galería fotográfica

 

 

Presenza de Amigos da Terra no Salón Bioatlantic

bioatlantic_amigosdaterra_

Amigos da Terra estará presente en Vigo os vindeiros 30 de setembro 1 e 2 de outubro no Salón Bioatlantic, un espazo de difusión e encontro sobre Bioalimentacion, Bioenerxías e Bioconstrución.

Ler mais…