O Bidueiral de Montederramo ten a caracterización de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) e Lugar de Importancia Comunitaria (LIC ).

2014_04_03_01 2014_04_03_02

Está situado na cara norte da Serra de San Mamede e recibe o seu nome debido á fraga de bidueiros que o fan tan característico. Ademais destaca polo resto de especies autóctonas coma acivros, serbal dos cazadores, arandos, carballos, fentos, liques e outros exemplares que mudan de cor segundo o paso das estacións.