Participa no curso de cociña vexetariana e envasados
Out 25
Coa idea de promover hábitos de consumo máis saudables, os días 12 e 13 de novembro levaremos a cabo un curso no que coñeceremos criterios de cociña vexetariana, coa fin de incorporar máis verduras, hortalizas e legumes na nosa alimentación diaria.
Elaboraremos receitas con productos de tempada e de orixe ecolóxica e local, descubrindo ademais novas posibilidades para poder conservalos durante todo o ano.
Vai ser divertido, ameno e sobre todo imos poder degustalo!
Actividade gratuita finaciada polo Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño. Inclúe matrícula, aloxamento e manutención.
Continúa a formación en Bioconstrución en As Corcerizas
Out 4
Logo das intensas e enriquecedoras xornadas de formación con Guido Tomasini e Suso López, o vindeiro venres daremos continuación ao curso de bioconstrución da man de Romain Denisot e Ana Belén Albo; quen analizaran, dende distintos pontos de vista, os sistemas térmicos das edificacións.
E xa o sábado daremos inicio ao Monográfico de Rehabilitación e construción con cal; un curso dirixido a un público máis específico, onde se tratarán de xeito teórico-práctico conceptos como o funcionamento higrotérmico dos edificios antigos, proceso de fabricación e características da cal, usos e elaboración de morteiros e pinturas de cal.
Máis información e programa sobre os cursos nesta nova
Algunhas fotillos da 1ª parte do Curso de Bioconstución, nesta galería fotográfica
Presenza de Amigos da Terra no Salón Bioatlantic
Out 1

Amigos da Terra estará presente en Vigo os vindeiros 30 de setembro 1 e 2 de outubro no Salón Bioatlantic, un espazo de difusión e encontro sobre Bioalimentacion, Bioenerxías e Bioconstrución.













