Posteos etiquetados Xornadas
Seminario Estatal “Cambio Climático e Biodiversidade. Impactos e Solucións” (PRAZAS CUBERTAS)
Mar 16
Amigos de la Tierra e a Fundación Biodiversidad traballamos durante 2010 e 2011 no proxecto Modelización del impacto del cambio climático sobre la biodiversidad vegetal ibérica. Este traballo pretende predecir mediante simulacións estadísticas cál será o impacto do cambio climático sobre a distribución potencial dunha mostra representativa da flora da Península Ibérica.
Co obxecto de dar a coñecer os resultados do proxecto, outros similares e profundizar nos debates sobre metodoloxías, políticas, xestión e solucións ao problema, os días 9 e 10 de abril levaremos a cabo estas xornadas en As Corcerizas, como punto de encontro de axentes do mundo ambiental, académico e do público en xeral.
Contaremos con recoñecidos/as ponentes e excelentes comunicadores/as, consulta o Programa do Seminario e apúntate canto antes!
As xornadas, financiadas pola Fundación Biodiversidad, son gratuítas para os/as participantes, e as plazas son limitadas. Inclúe aloxamento e manutención.
DÍA DA ÁRBORE: Creación dun bosque de acivros con escolares de Ourense
Mar 10
| Dando continuidade ao labor educativo que levan facendo neste eido Amigos da Terra no Centro de As Corcerizas e o Concello de Ourense na Aula de Natureza do río Miño, propomos para celebrar o Día da Árbore, no Ano Internacional dos Bosques, unha xornada de achegamento ao Macizo Central Ourensán co obxectivo de revalorizar os nosos recursos forestais e iniciar a creación dun bosque de acivros na Serra de San Mamede. | ![]() |
Será este o inicio dun recurso educativo que irá medrando e madurando co paso do tempo e a implicación dos diferentes Centros educativos e persoas que pasan anualmente pola Serra.
Ler mais…
Grande afluencia das Comunidades de Montes ás Xornadas do 27 de febreiro
Mar 2

Pasadas as xornadas de “O monte como fonte sostible de recursos” podemos dicir que o balance é grandemente positivo.
No entorno das 45 persoas, das diferentes comunidades de montes e axentes implicados no entorno da Serra de San Mamede, déronse cita na mañá do pasado domingo en As Corcerizas, para recibir con atención e interese as valoracións e propostas previstas na programación.
O monte como fonte sostible de recursos. Xornadas divulgativas
Feb 18

Data: 27 de febreiro 2011
Lugar: Centro de As Corcerizas, Serra San Mamede (Ou)
Destinatarios/as: proprietarios/as e xestores/as de CMMC, concellos, asociacións vinculadas ao medio rural, público xeral.
Con estas xornadas Amigos da Terra pretende promover unha reflexión crítica sobre usos do monte, achegando ferramentas, experiencias e vías de comunicación e formación, para a capacitación dos axentes implicados
Dentro da xornada está prevista a presentación da Guía para propietarios de terreos eólicos que editou a Fundación Juana de Vega co obxecto de reducir a asimetría de información entre as partes implicadas e mellorar os procesos de negociación.











