Educación Ambiental para Nenos/as
Alimentos Quilométricos: novo programa escolar!
Feb 10
Os alimentos que comemos veñen cada vez de máis lonxe: hortalizas de Marrocos, garbanzos de México, viño de Chile.. Ademais, cada vez é maior a cantidade de alimentos que importamos, contribuindo ao abuso dos recursos naturais dos países do Sur e agravando o cambio climático pola gran cantidade de emisións de gases de efecto invernadero que supón.
Investiguemos como frear o cambio climático co que comemos cada día!
Convidámosvos a participar nas xornadas educativas que levaremos a cabo dende o mes de marzo ata xuño.
OS 3 PRIMEIROS CENTROS EN APUNTARSE DISFRUTARÁN DA XORNADA DE XEITO GRATUÍTO! coa financiación da Fundación Biodiversidad, a través do proxecto estatal do que forma parte este programa e que desenvolve Amigos de la Tierra en diferentes puntos do estado español.
6ª edición do Programa Sentir, Coñecer e Actuar
Dec 20
Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis no Programa Escolar de Educación Ambiental: Sentir Coñecer e Actuar
Xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro
O programa ofrece diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos de primaria e secundaria: cambio climático, enerxías renovables, bioconstrución, residuos, aplicación de metoloxías científicas, coñecemento do medio e cooperación.
As xornadas serán desenvoltas nas instalacións de As Corcerizas e no entorno do Macizo Central Ourensán.
Contacta con nós en:
info@ascorcerizas.com
Telf: 988 374 318 / 986 125 171
- Rúa da Concordia 20, 2º esquerda 32003 – Ourense
- Rúa Policarpo Sanz, 17 – 1º D. 36202 – Vigo
Finalizamos o Campamento de Verán do Concello de Pontevedra
Xul 12
Rematado o campamento de verán 2011 do Concello de Pontevedra, onde durante 10 días os/as nenos/as desfrutarón no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, dunha gran variedade de actividades lúdicas e educativas, sempre en contacto coa natureza.
Nestes días tiveron a oportunidade de descubrir novas paisaxes, novas amizades, novas sensacións, sempre a través de xogos e dinámicas en grupo, desenvolvendo a sensibilidade e favorecendo o traballo en equipo.
Esperamos que recordedes con ilusión estes 10 días que pasamos xuntas/os!!!
Aquí tedes un pequeno agasallo
Finaliza a edición 2010-2011 do Proxecto Terra en As Corcerizas
Xuñ 1

Coa visita do Ies Rodeira de Cangas o pasado 26 de maio, dámos por finalizadas as xornadas educativas en As Corcerizas dentro dos Intercambios territoriais previstos na programación do Proxecto Terra para curso 2010-2011.
Entre os meses de abril e maio case 200 escolares de 12 a 18 anos, chegados de diferentes pontos de Galicia, puideron comprobar en 1ª persoas as vantaxes e beneficios da bioconstrución e arquitectura bioclimática; tomando consciencia da diversidade e evolución das construcións e dos asentamentos no territorio galego.











