Montse Fernández
O usuario non compartiu ningunha información biográfica.
Páxina Persoal: http://www.amigosdaterra.net
Posteos por Montse Fernández
Goza do Entroido en As Corcerizas
Feb 22
O albergue de As Corcerizas abre as súas portas os vindeiros dias 5, 6, 7 e 8 de marzo para todas aquelas persoas que queiran disfrutar dos mellores e máis coñecidos carnavais galegos, xa que o albergue atópase no corazón do triángulo máxico do Entroido ourensán, formado polas vilas de Laza, Xinzo de Limia e Verín.
Se vos animades e queredes desfrutar da natureza, os arredores do albergue son ideais para realizar varias rutas tanto a pé como en bicicleta, nas que coñeceredes o contorno natural e cultural máis representativo do Macizo Central Ourensán.
Sen plan para a Ponte da Constitución? Escápate a As Corcerizas!
Nov 25
O albergue de As Corcerizas abre as súas portas co motivo da Ponte da Constitución para desfrutar do 3 ao 8 de decembro do encanto da serra no inverno. Ademais de presentarse como un espazo de relax e desfrute da natureza, constitúe unha boa opción para compartir uns días en boa compañía.
Aprazamento do Curso de Interpretación do Patrimonio
Nov 4
Por motivos alleos á organización, o Curso de Interpretación do Patrimonio previsto para este mes de novembro aprázase ata novo aviso.
Manterémosvos informados/as das novas datas.
Para máis información:
info@ascorcerizas.com
Tfno: 988 374 318
Estudantes de secundaria achéganse ao voluntariado ambiental en As Corcerizas
Out 26
O Centro acolle ata o próximo día 28, un curso de voluntariado ambiental no que participan alumnos/as do Instituto de Educación Secundaria “O Castro” de Vigo. Durante catro xornadas, este grupo de mozos/as adquirirán unha visión integral da problemática ecosocial, capacitándoos para abordala e actuar dende dous eixes: que poden facer cada un deles, e como poden incidir na sociedade, utilizando sempre o papel do voluntariado como motor de cambio. Ler mais…










