Analia Moares
O usuario non compartiu ningunha información biográfica.
Páxina Persoal: http://www.ascorcerizas.com
Posteos por Analia Moares
Biodepuración de augas. Xornada teórico-práctica
Mai 2
O vindeiro 26 de maio Amigos da Terra levará a cabo en As Corcerizas unha Xornada teórico práctica sobre Biodepuración de augas.
A través de persoal técnico especializado, se exporán as bases da Fitodepuración e se presentarán alternativas viables, como o Filtro de Macrofitas en Flotación e Microorganismos Efectivos, para a depuración de augas.
Un Xornada sen dúbida interesante para particulares, empresas e Administración pública.
Roteiros para a Xuventude. Educación ambiental e lecer
Abr 2
“Roteiros para a Xuventude” consiste nun programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.
As Corcerizas sitúase dentro do Macizo Central Ourensán, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) dentro da Rede Natura 2000. A súa localización en plena montaña, a 1.100m. de altura, constitúe un recurso ideal para a desconexión, relaxación e posta en acción de actividades de natureza e lecer.
En As Corcerizas – Serra de San Mamede están previstas as seguintes datas para os roteiros:
- Abril: 21-22
- Maio: 12-13 e 26-27
- Xuño: 9-10
O horto ecolóxico familiar. Capacitándonos na produción para o autoconsumo
Feb 23

Do 17 – 18 de marzo dámos comezo á programación formativa de primavera cun curso teórico práctico sobre horticultura.
Da man de Belén Fervenza e Jacobo Ojea, labregos/as ecolóxicos de Redondela e habituais colaboradores de Amigos da Terra, coñeceremos nocións básicas para iniciarse na creación dun horto ecolóxico para autoconsumo.
Planificación, rotacións, asociacións, sistemas de rega, creación de bancales, etc; serán algúns dos contidos a tratar neste curso, onde ademais dos contido teóricos, faremos prácticas sobre o terreo.
6ª edición do Programa Sentir, Coñecer e Actuar
Dec 20
Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis no Programa Escolar de Educación Ambiental: Sentir Coñecer e Actuar
Xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro
O programa ofrece diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos de primaria e secundaria: cambio climático, enerxías renovables, bioconstrución, residuos, aplicación de metoloxías científicas, coñecemento do medio e cooperación.
As xornadas serán desenvoltas nas instalacións de As Corcerizas e no entorno do Macizo Central Ourensán.
Contacta con nós en:
info@ascorcerizas.com
Telf: 988 374 318 / 986 125 171
- Rúa da Concordia 20, 2º esquerda 32003 – Ourense
- Rúa Policarpo Sanz, 17 – 1º D. 36202 – Vigo












