Roteiros para a Xuventude. Educación ambiental e lecer
“Roteiros para a Xuventude” consiste nun programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.
As Corcerizas sitúase dentro do Macizo Central Ourensán, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) dentro da Rede Natura 2000. A súa localización en plena montaña, a 1.100m. de altura, constitúe un recurso ideal para a desconexión, relaxación e posta en acción de actividades de natureza e lecer.
En As Corcerizas – Serra de San Mamede están previstas as seguintes datas para os roteiros:
- Abril: 21-22
- Maio: 12-13 e 26-27
- Xuño: 9-10
Programa:
Sábado:
- Roteiro interpretativo pola montaña, nocións de orientación con mapa e brúxula.
- Visita etnográfica ao pobo de Rebordechao.
- Velada.
Domingo:
- Xogo de orientación.
- Baño no Balneario de Baños de Molgas e tratamento con parafangos.
Prezo:
94€, 75.20 € para as persoas que posúan o carné xoven
Reserva e inscrición:
Os/as interesados/as na participación neste programa poden facer a reserva de praza chamando aos números de teléfono:
981 545937
981 545702
981 545822
981 541689
De luns a venres de 09:00 a 14:00 horas.
Unha vez reservada a praza, deberase efectuar o pago da cota no prazo máximo de 48 horas.
Máis infomación sobre o programa en: Roteiros para a xuventude
Programa organizado en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado. Xunta de Galicia











