Arquivos de Setembro, 2011
A experiencia de Montaxes Lagoa-enerxías renovables completa o curso de Bioconstrución
Set 27
Suso López Taboada, experto en enerxías renovables, completa o curso de bioconstrución que levaremos a cabo esta fin de semana.
Dende a súa experiencia en MONTAXES LAGOA, empresa de instalación de enerxías renovables, e coa propia realidade das fontes renovables que autoabastecen As Corcerizas, teremos unha visión práctica e realista deste eido e da súa situación actual.
A integración das enerxías renovables constitúe unha premisa máis a ter en conta nos nosos proxectos de bioconstrución e autoconstrución.
Curso práctico de Educación Ambiental. Aberto o prazo de inscrición!
Set 23
Durante a fin de semana do 22 e 23 de outubro, dende Amigos da Terra levaremos a cabo unha nova actividade formativa no eido da educación ambiental, coa que pretendemos poñer en valor a súa potencialidade.

A través deste curso aportaremos coñecementos, ferramentas e estratexias aos/ás asistentes para ser transmisores/as de aptitudes, coñecementos e valores; capaces de producir nos seus receptores/as cambios actitudinais que lles fagan ser máis respectuosos/as co medio, xustos/as, críticos/as e conscientes das súas actuacións.
Os fundamentos teóricos levaranse a cabo a través de actividades de participación e debate, seguido de aplicacións prácticas.
Camisolas de As Corcerizas
Set 8
Amigos da Terra ven de editar unha serie de camisolas para difundir o Centro de Educación Ambiental de As Corcerizas.

Estas camisolas de comercio xusto, algodón ecolóxico e con tintes á auga, foron feitas en colaboración coa empresa Mandacaru.
Disponibeis xa no local de Ourense (Rúa da Concordia, 20 – 2º Esq) e no propio Centro …a 10 euros!!!
Colabora con Amigos da Terra, axudanos a difundir As Corcerizas!
Finalizamos con enerxía positiva o XIV Encontro Ibérico de Ecoaldeas
Set 8

Preto de 300 persoas procedentes de diferentes localidades, de varias xeracións e con distintos intereses, reuníronse a finais de agosto en As Corcerizas durante 5 días para falar, escoitar, aprender e intercambiar todo aquelo válido para vivir en comunidade, buscando unha forma de vida máis humana, máis respetuosa e sobre todo máis sinxela.










