O monte como fonte sostible de recursos. Xornadas divulgativas

Data: 27 de febreiro 2011
Lugar: Centro de As Corcerizas, Serra San Mamede (Ou)
Destinatarios/as: proprietarios/as e xestores/as de CMMC, concellos, asociacións vinculadas ao medio rural, público xeral.
Con estas xornadas Amigos da Terra pretende promover unha reflexión crítica sobre usos do monte, achegando ferramentas, experiencias e vías de comunicación e formación, para a capacitación dos axentes implicados
Dentro da xornada está prevista a presentación da Guía para propietarios de terreos eólicos que editou a Fundación Juana de Vega co obxecto de reducir a asimetría de información entre as partes implicadas e mellorar os procesos de negociación.
Información ampliada:
A Guía foi elaborada en colaboración co Grupo de Investigación Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo, aportando consellos ás Comunidades moi oportunamente, logo da resolución a finais do pasado ano do concurso eólico, polo que se adxudicaron en Galicia 2.325 megavatios
Neste enlace, podes descargar gratuitamente a “Guía para os proprietarios de terreos eólicos”
A falta de coñecementos, o abandono dos terreos e incluso unha comunicación pouco clara enmascaradas baixo palabras como innovación e tecnoloxía verde; poden estar prexudicando os interese dos propietarios/as e danando irreparablemente un ben común como é o medio natural.
Obxectivos da xornada:
- Achegar recursos prácticos para unha mellor xestión dos terreos das comunidades de montes.
- Observar distintas formas, e repercusións das relacións e aproveitamento dos recursos naturais do monte.
- Concienciar da importancia do monte nas vidas cotiás e valorar a transcendencia do seu coidado para mellorar a calidade de vida como ben ambiental, social e económico.
- Mostrar e analizar experiencias de proxectos sostibles.
- Crear espazos de interrelación entre diferentes axentes e promocionar o emprego de ferramentas de participación social.
- Promover a reflexión e pensamento crítico.
Consulta o Programa e horarios
Xornada gratuita
Non esquezas traer xantar de campo!Máis información: info@ascorcerizas.com
988 374 318
Organizan en colaboración:













about 1 year ago
No último “Fouce” (Boletín informativo do Sindicato Labrego Galego, nº 284) hai un artigo moi interesante que fala de: A nova colonización de Galiza polas grandes empresas de enerxía.
Podedes descargalo dende a súa web: sindicatolabrego.com
about 1 year ago
Achego un par de enlaces que coido poden ser do voso interese:
about 1 year ago
Fantástica iniciativa!