No outono, apuntate a roteiro e magosto
O vindeiro sábado13 de novembro, celebraremos o outono na Serra de San mamede, cun roteiro interpretativo ata
o Bidueiral de Montederramo e un magosto en As Corcerizas.
Ao longo da xornada realizaremos un obradoiro de cartografía-orientación. Plantaremos árbores nunha zona degradada, faremos a interpretación dos ecosistemas que acubilla a Serra.
E remataremos o día cun tradicional magosto en As Corcerizas. Castañas, música tradicional,lendas e contos…
Datos prácticos:
O prezo de toda a xornada será de 10 Euros, con todos os gastos incluidos.
Data límite para inscribirse: 10 de novembro.
De Ourense sairá un autobús ás 9:00h da mañá desde o Parque San Lázaro.
Sairemos ás 10 da mañá do Albergue das Corcerizas ata a Fonte do Santo (nascente do Río Arnoia), chegaremos ata o cúmio da serra-Capela do San Mamede (1618 metros) con vistas ás montañas máis altas de Galicia, serras de Portugal, Val do Limia, Val de Monterrei, Terra de Caldelas…baixaremos ata o Bidueiral (unha das épocas do ano onde esta fraga de alta montaña está máis bonita) pasearemos polo Bidueiral e voltaremos polo camiño que leva a Peneda da Lebre (vistas do Val do Medo-Maceda, Cabeza de Meda, serras do Faro, A Martiñá, A Madanela, Faro de Avión, Val do Sil, Val do Miño…).
Máis información en cada unha das asociacións, en Amigos da Terra 988 374318 ou en info@ascorcerizas.com.
ORGANIZA: Amigos da Terra, C.D.R. EIRADA de Parada de Outeiro, Asoc. Veciñal SAN BREIXO de Seixalbo










