Participa nas Xornadas Abertas sobre Bioconstrución
Dentro do contexto do Campo de Traballo que Amigos da Terra levará a cabo do 20 ao 29 de agosto, disporemos dalgunhas ponencias abertas ao público. Nestas xornadas contaremos coa colaboración de expertos/as para tratar diferentes temas sobre Bioconstrución e Arquitectura Bioclimática.
Consulta o Programa das xornadas
As persoas que participen en todas as xornadas poderán solicitar certificado de asistencia de 10horas
Prezo das Xornadas: 20 €
Non hai trackbacks aínda.
6ª edición do Programa Sentir, Coñecer e Actuar
about 1 month ago - Enviar comentario
Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis no Programa Escolar de Educación Ambiental: Sentir Coñecer e Actuar
Xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro
O programa ofrece diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos de primaria e secundaria: cambio [...]
Participación no curso de Educación Ambiental Rural en Cantabria
about 2 months ago - Enviar comentario
Esta pasada semana o proxecto de As Corcerizas estivo presente en Cantabria para participar no curso de Educación Ambiental Rural que está a desenvolver o CEDREAC – Centro de Documentación y Recursos para la Educación Ambiental de Cantabria.
Co obxectivo de transmitir a experiencia destes casi 10 anos de traballo nun entorno de montaña como é [...]
Divulgando a Bioconstrución
about 3 months ago - 1 comentario
Xa están dispoñibles as presentacións do curso avanzado de bioconstrución. Unha pequena parte de todo o falado e practicado, pero unha boa guía para continuar coa formación e divulgación de toda esta información.
EL BARRO EN LA CONSRUCCION – GUIDO TOMASINI: información da historia do uso do barro, descrición, propiedades e posibilidades de aplicación hoxe en [...]
A experiencia de Montaxes Lagoa-enerxías renovables completa o curso de Bioconstrución
about 4 months ago - Enviar comentario
Suso López Taboada, experto en enerxías renovables, completa o curso de bioconstrución que levaremos a cabo esta fin de semana.
Dende a súa experiencia en MONTAXES LAGOA, empresa de instalación de enerxías renovables, e coa propia realidade das fontes renovables que autoabastecen As Corcerizas, teremos unha visión práctica e realista deste eido e da súa situación [...]
Curso práctico de Educación Ambiental. Aberto o prazo de inscrición!
about 4 months ago - 3 comentarios
Durante a fin de semana do 22 e 23 de outubro, dende Amigos da Terra levaremos a cabo unha nova actividade formativa no eido da educación ambiental, coa que pretendemos poñer en valor a súa potencialidade.
A través deste curso aportaremos coñecementos, ferramentas e estratexias aos/ás asistentes para ser transmisores/as de aptitudes, coñecementos e valores; capaces [...]
Curso avanzado de Bioconstrución e Monográfico sobre Cal. PRAZAS CUBERTAS
about 5 months ago - 13 comentarios
[ 30 Setembro, 2011 20:30 a 2 Outubro, 2011 19:30. 7 Outubro, 2011; 16:00 a 21:00. 8 Outubro, 2011 09:30 a 9 Outubro, 2011 21:00. ] Formación dirixida a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, calidade ambiental, etc.
40 horas presenciais. Certificado de asistencia.
Prazas Limitadas!
Cursos financiados pola rede de Amigos de la Tierra
Podes inscribirte na formación completa ou participar só nun dos cursos:
Curso de Bioconstrución, 20 horas
Módulo 1 – Sistemas construtivos e materiais [...]
As Corcerizas acolle o XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas
about 6 months ago - 8 comentarios
[ 25 Agosto, 2011 a 31 Agosto, 2011. ] Galego | Castellano
Este verán, do 25 ao 30 de agosto, As Corcerizas acollerá o XIV Encontro de Verán da Rede Ibérica de Ecoaldeas.
Será un momento onde compartir experiencias e coñecementos que nos axuden a transformar de xeito creativo as nosas vidas e o noso entorno hacia novos modelos de convivencia que velen pola sostibilidade, a [...]
Un novo Campo de Traballo que deixa pegada en As Corcerizas
about 6 months ago - Enviar comentario
Rematamos o campo de traballo de bioconstrución moi satisfeitas/os dos resultados obtidos, da convivencia e o bo ambiente de cooperación e traballo conxunto que se creou, acompañado por suposto de moitas risas!
Tomando a bioconstrución como fío conductor, creamos entre todos e todas as participantes un campo multidisciplinar de reflexións, opinións e experiencias desde distintas temáticas [...]
Comezamos un novo Campo de Traballo sobre Bioconstrución
about 6 months ago - 1 comentario
[ 15 Xullo, 2011 18:00 a 26 Xullo, 2011 12:30. ] Logo da boa experiencia do pasado ano, damos comezo nesta campaña de verán, un novo Campo de Traballo sobre Bioconstrución. O venres 15 de xullo recibiremos a 20 persoas de todo o estado español, con novas ilusións e capacidades para compartir, durante 12 días, experiencias e alternativas para vivir dun xeito máis coherente co contorno [...]
Compartimos os resultados do curso de construción con barro!
about 8 months ago - 2 comentarios
Nesta pasada fin de semana disfrutamos á vez que nos capacitamos nesta forma de construir e rehabilitar edificacións, co obxectivo de actuar dende a nosa vida cotiá, os nosos proxectos, e poder difundir con argumentos esta alternativa á construción convencional.
Para Amigos da Terra ser referentes no ecoloxismo non é mais que demostrar a viabilidade [...]



about 1 year ago
Ola,
pois o problema é que ata As Corcerizas non hai transporte público, así que si estás interesado podes contactar con outra persoa que leve coche para as xornadas. Non sei dende onde virías, pero de A Coruña veñen unhas cantas persoas. Envía un correo a info@ascorcerizas.com ou chama a sede e falamos.
about 1 year ago
Gustariame asistir as xornadas pero non sei como chegar hasta ahi, non teño coche e vivo na costa. Teria que ir en bus hasta ourense e despois???