Inscríbete agora no Campo de Traballo Alternativo
Xa está dispoñible o programa de contidos do campo de traballo alternativo e a ficha para que enviedes a vosa solicitude de inscrición, a través dun correo electrónico.
Pronto teredes máis información sobre as entidades e persoas que colaborarán con Amigos da Terra neste proxecto e enriquecerán a aprendizaxe.
Ficha de inscricion en formato odt
Ficha de inscricion en formato doc
Non hai trackbacks aínda.
Inscríbete ao Curso de Carpintería en Bioconstrución
about 12 hours ago - Enviar comentario
[ 9 Xuño, 2012 10:00 a 10 Xuño, 2012 18:30. ] Os días 9 e 10 de xuño levaremos a cabo unha acción formativa na que se transmitirán coñecementos, criterios e recursos prácticos que nos introducirán no mundo da carpintería de bioconstrución; capacitándonos para construir estruturas lixeiras e aplicar tratamentos e acabados na madeira.
O curso está dirixido a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, [...]
Biodepuración de augas. Xornada teórico-práctica
about 2 weeks ago - 6 comentarios
[ 26 Maio, 2012; ] O vindeiro 26 de maio Amigos da Terra levará a cabo en As Corcerizas unha Xornada teórico práctica sobre Biodepuración de augas.
A través de persoal técnico especializado, se exporán as bases da Fitodepuración e se presentarán alternativas viables, como o Filtro de Macrofitas en Flotación e Microorganismos Efectivos, para a depuración de augas.
Un Xornada sen [...]
Roteiros para a Xuventude. Educación ambiental e lecer
about 1 month ago - 1 comentario
[ 21 Abril, 2012 10:00 a 22 Abril, 2012 16:00. 12 Maio, 2012 10:00 a 13 Maio, 2012 16:00. 26 Maio, 2012 10:00 a 27 Maio, 2012 16:00. 9 Xuño, 2012 10:00 a 10 Xuño, 2012 16:00. ]
“Roteiros para a Xuventude” consiste nun programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.
As Corcerizas sitúase dentro do Macizo Central Ourensán, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) dentro da Rede Natura [...]
Curso “Inclusión do enfoque ambiental na cooperación ao desenvolvemento”
about 1 month ago - 8 comentarios
[ 14 Abril, 2012 10:00 a 15 Abril, 2012 17:00. ] O 14 e 15 de abril iniciamos o curso teórico-práctico sobre integración da sostibilidade ambiental na cooperación. Dirixido a aquelas persoas que traballan neste eido, o programa ten unha dobre finalidade:
A capacitación dos principais axentes de cooperación para desenvolver accións e proxectos sustentables.
O intercambio de experiencias, coñecementos e necesidades entre os axentes financiadores de proxectos [...]
Apúntate aos novos cursos e actividades nesta primavera
about 1 month ago - 3 comentarios
Dende Amigos da Terra adiantámosvos o programa de accións formativas que levaremos a cabo nesta primavera. Cada curso será convocado e detallado coa información precisa, pero podedes facer unha pre-reserva enviando un correo a info@ascorcerizas.com coa vosa solicitude.
Ademais poderedes disfrutar dun programa de educación ambiental e lecer na natureza, “Roteiros para a Xuventude”, con actividades [...]
O horto ecolóxico familiar. Capacitándonos na produción para o autoconsumo
about 2 months ago - 14 comentarios
[ 17 Marzo, 2012 10:00 a 18 Marzo, 2012 18:30. ]
Do 17 – 18 de marzo dámos comezo á programación formativa de primavera cun curso teórico práctico sobre horticultura.
Da man de Belén Fervenza e Jacobo Ojea, labregos/as ecolóxicos de Redondela e habituais colaboradores de Amigos da Terra, coñeceremos nocións básicas para iniciarse na creación dun horto ecolóxico para autoconsumo.
Planificación, rotacións, asociacións, sistemas de rega, creación [...]
Alimentos Quilométricos: novo programa escolar!
about 3 months ago - 2 comentarios
[ 1 Marzo, 2012 10:00 a 30 Xuño, 2012 18:00. ] Os alimentos que comemos veñen cada vez de máis lonxe: hortalizas de Marrocos, garbanzos de México, viño de Chile.. Ademais, cada vez é maior a cantidade de alimentos que importamos, contribuindo ao abuso dos recursos naturais dos países do Sur e agravando o cambio climático pola gran cantidade de emisións de gases de efecto invernadero [...]
6ª edición do Programa Sentir, Coñecer e Actuar
about 5 months ago - Enviar comentario
Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis no Programa Escolar de Educación Ambiental: Sentir Coñecer e Actuar
Xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro
O programa ofrece diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos de primaria e secundaria: cambio [...]
Participación no curso de Educación Ambiental Rural en Cantabria
about 5 months ago - Enviar comentario
Esta pasada semana o proxecto de As Corcerizas estivo presente en Cantabria para participar no curso de Educación Ambiental Rural que está a desenvolver o CEDREAC – Centro de Documentación y Recursos para la Educación Ambiental de Cantabria.
Co obxectivo de transmitir a experiencia destes casi 10 anos de traballo nun entorno de montaña como é [...]
Colabora na recuperación do monte de As Corcerizas
about 6 months ago - 12 comentarios
[ 26 Novembro, 2011 18:00 a 27 Novembro, 2011 18:30. 26 Novembro, 2011 18:00 a 27 Novembro, 2011 18:30. ] Xornadas de Recuperación de zonas afectadas polos lumes. Coñecer, valorar e capacitar para actuar, 26-27 novembro
Logo da dramática desfeita que os incendios forestais produxeron este ano nos nosos montes e ecosistemas, dende Amigos da Terra propomos unhas xornadas de sensibilización e acción na Serra de San Mamede, Macizo Central Ourensán.
Sábado 26, a partires das [...]











about 11 months ago
Bo dia! Sempre quixen ir a un campo de traballo e este a verdade que ten boa pinta.
Non sei onde queda o sitio, teño coche, a ver se levo GPS.
Non teño nin idea de como vou a facer, en principio anotareime, saudiños a todos
about 1 year ago
Olá, veño de falar con Cris de Coruña e tamén con Ángel de Vigo, e envíovos esta proposta para achegarnos a As Corcerizas:
Cris (652-918-463) e Luis saen da Coruña cara as 15:30 – 16:00, así que poden recollervos a Idoia e a Adriana as 18:00h na estación de autobuses de Ourense.
Dende Redondela-Vigo sairíamos Angel, Sandra, Amaya e máis eu Sofía (636-086-546),
cara as 17:00-17:30h. Nos estamos a organizar via e-mail… (Non sabemos nada de Oscar e Begoña…)
Un saúdo e deica mañá!
Sofía
about 1 year ago
Ola,
a estación de autobus de Ourense é un bo sitio para que quededes.
Saúdos!
about 1 year ago
Olá! Yo voy en autobus hasta Ourense y llego alli a las 17.30. No lo conozco, asi que cualquier sitio me parece bien. Si hubiera coches para repartirnos bien, si no lo del autobus tambien me parece genial.
Un saúdo!!!
about 1 year ago
Hola, pois, se podedes levarme, a min viríame ben calqueira punto de enecontro, así que o que lle veña ben a Sofía, se sae dende Vigo.
Apertas!
about 1 year ago
Ola!
Eu vou sair con Luis dende Coruña. E en Ourense pensabamos recoller a Sofía, q sairá dende Vigo.
¿Sabedes dalgún sitio onde se poida parar co coche e que sirva de pto de encontro? Imos nun poliño sen aire acondicionado, pero penso q outra persoa máis inda colle. E se quedamos vaiois nese pto, pois podemos repartir millor a xente entre os coches que haxa.
¿Qué sitio estaría ben para quedar coma pto de encontro?
Saudiños!
about 1 year ago
Hola!
Yo voy desde Vigo, y tampoco tengo coche, asi que si alfinal no se consiguen coches para compartir, tambien me parece bien la idea del autobus.
Saudos!
about 1 year ago
Ola!
Pois eu, que vou dende Ourense, non teño coche nin carnet, podo conseguir quén me leve, pero, se vou con alguén dos que vaiades ao curso, pois menos emisións e gasto compartido de gasolina. O do autobús, si se xunta xente, ben.
Que ganas de comezar o curso!
Apertas!
about 1 year ago
Pois dando continuidade ao que comezamos en As Corcerizas co curso de bioconstrución.
Gracias Romain!
about 1 year ago
Boas todas, que guapo o cartel do campo de traballo. Tiene moi boa pinta…
Pois alegro-me moito que estais facendo un curso mais na serra…
saudiño
Romain