II Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna
A pasada fin de semana tivo lugar no centro, as II Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna, unha das propostas que máis éxito ten entre o público, cubríndose todas as prazas ofertadas. Nesta ocasión, contamos coa inestimable colaboración de Rubén Portas, especialista no estudo do lobo.
O curso constou dunha parte teórica, na que os participantes coñeceron as xeneralidades da fauna, como o comportamento dos animais, a súa bioloxía,etc. e unha parte práctica, na que se realizou unha mostraxe dos indicios e demais rastros que os animais deixan o seu paso.
Durante a saída práctica puidemos recoñecer pegadas e excrementos de corzo, cervo, xabarís, marta, garduña, teixugo, lebre, coello e como non a máis buscada, a pegada de lobo.
Así mesmo, gustaríanos agradecer á asociación AXENA que nos mostrase un pouco do seu traballo e como o uso da tecnoloxía non é incompatible co estudo da natureza.
Dende Amigos da Terra temos previsto outros cursos e xornadas de rastros e sinais da fauna para este ano, manterémosvos informados/as das datas.











about 2 years ago
…acabo de atopar isto, que canha!!!
Verín Natural
Xosé Ramón, excelente trabalho! os meus parabéns!
about 2 years ago
Eiii!!! quanta gente, como mola! eu nom puidem assistir a estas pero estaría encantado de poder fazelo para as seguintes jornadas. Nom deixedes de fazer cousas tam interessantes. Abraços.