II Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna
Amigos da Terra convídavos a participar nas II Xornadas de Rastros e Sinais da Fauna o vindeiro 14 de marzo.
Mentres que observar a vexetación é sinxelo, xa que esta forma parte imprescindible da paisaxe, a observación directa da fauna salvaxe no seu medio natural é moito máis complexa, de aquí que un dos métodos máis utilizados polos/as naturalistas, sexa a búsqueda e o estudo dos rastros e pegadas dos animais.
Nesta xornada daremos a coñecer de xeito práctico a actividade dos animais no seu propio medio, á vez que aprenderemos a observar con detemento escenarios, restos e indicios que deixan ao seu paso.
Se ademais queredes aproveitar a fin de semana na Serra San Mamede, Amigos da Terra ofrece servizo de albergue o sábado pola noite.
CONTIDOS DAS XORNADAS

- Xeneralidades da fauna
- Características xerais sobre rastros e pegadas
- Saída de campo práctica
- Obradoiro de pegadas
Non esquezades:
- Guía de campo
- Xantar
Data: 14 de marzo
Lugar: Centro de Educación Ambiental As Corcerizas, con inicio da xornada ás 10:00 da mañá
Inscricións:
- Prazas limitadas
- Prezo da xornada de Rastros e Sinais da Fauna: 12 €
Ficha de inscricións formato odt
Ficha de inscricións formato doc











about 2 years ago
Ola boa tarde! Sobre o tema dos cartos, xa os entregades ao remate da xornada para que vos sexa máis fácil. De todas formas falamos a principios de semana e xa nos organizamos.
Ata entón un saúdo!
about 2 years ago
Hai alguén que vaia ás xornadas de rastros desde Ferrol ou alrededores e queira vir conmigo no coche? Tamén me vale collervos polo camiño (Miño, Betanzos, Coruña, Santiago…) ou ir con vós no voso coche. Apertas.
about 2 years ago
Montse, Eduardo me pide que nos inscribas para el dia 14 de marzo. El dinero os lo entregamos cuando lleguemos? Apertas