Arquivos de Novembro, 2009

Alternativas prácticas fronte a un modelo en crise

Ante a situación de crise enerxética e outros problemas ambientais e sociais relacionados co modelo de “desenvolvmento” actual, debemos identificar e aplicar solucións integrais que nos capaciten, dende xa, para iniciar o cambio cara un modelo de vida máis sustentable e coherente.

Co obxectivo de experimentar e presentar alternativas prácticas para este cambio, o vindeiro 28 e 29 de novembro As Corcerizas acollerá a parte “Accións prácticas para o cambio” do Seminario de cambio climático que deu comenzo no mes de outubro.

Ler mais…

Comparte e goza compartindo:

  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza

Xornadas de Achegamento ao Patrimonio Galego

Debido ao forte temporal que tivemos na comunidade galega a pasada fin de semana, as Xornadas de Achegamento ao Patrimonio Galego que estaban previstas para estes días, no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas tiveron que suspenderse. Ao largo da semana informarémosvos das novas datas e horarios.

Comparte e goza compartindo:

  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza

Participación nas xornadas “Terra e Cultura Sustentable 2009”

Amigos da Terra participará mañá sábado 7 de novembro na quinta xornada “Terra e Cultura Sustentable 2009” que organiza a Asociación Cultural Os Ameios, dentro dunha mesa redonda expoñendo o sistema de macrófitas para a depuración de augas residuais.

As xornadas “Terra e Cultura Sustentable” 2009, son de balde e para todos os públicos. Teñen un compoñente temático común que é a sustentabilidade. Estas xornadas están deseñadas como un evento aberto e inclusivo, as distintas actividades conforman unha proposta para a INTEGRACIÓN SOCIAL da cidadanía na reflexión sobre a sustentabilidade.

Ler mais…

Comparte e goza compartindo:

  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza

Achegamento ao patrimonio galego: aplicacións prácticas do seu coñecemento

Hoxe en día é moi habitual percorrer pobos e aldeas tragados polas silvas, onde o abandono de terras e casas á vez leva implícito o propio abandono da súa xente.

Non nos decatamos que estamos deixando perder parte da nosa propia existencia, cultura e tradición.

Por iso, esta fin de semana é unha alternativa destinada a todas aquelas persoas que desexen indagar máis nos coñecementos, actividades e expresións do noso patrimonio, a nosa historia, as transformacións sufridas, os costumes e o saber popular que aínda permanece nos pobos.

Ler mais…

Comparte e goza compartindo:

  • RSS
  • Add to favorites
  • del.icio.us
  • Google Bookmarks
  • Meneame
  • Chuza