Posteos etiquetados Voluntariado Ambiental
Activismo na Serra de San Mamede
Mar 11
Dando continuidade ás accións de revalorización e recuperación do monte levadas á cabo por Amigos da Terra no entorno de As Corcerizas nos últimos anos; propomos, para o vindeiro 16 e 17 de marzo, un plan de coñecemento e acción pola Serra de San Mamede:
Roteiro nocturno, obradoiro de recuperación ambiental, plantación e ecovixiancia en zonas afectadas polo AVE e xogos de orientación, serán algunhas das actividades previstas.
Consulta a Programación e reserva praza!
Desafío Solidario: 1000 árbores para a Serra de San Mamede
Feb 25
O vindeiro 2 de marzo xuntarémonos para a plantación de 1000 árbores autóctonas nas proximidades de As Corcerizas.
A primavera pasada socios/as e voluntarios/as de Amigos da Terra colaboramos no desenvolvemento da carreira Desafío Solidario 2012; un evento deportivo organizado anualmente por Cruz Vermella Maceda e a Asociación Deportiva e Cultural Vía XVIII, que o ano pasado año puso o seu enfoque na oleada de lumes que arrasou en 2011 a Serra.
Repoboaremos 1 hectárea enteira de terreo!
Nova etapa para o voluntariado europeo
Dec 14
Este mes Carla e Marcos, voluntarios/as europeos/as de Amigos da Terra durante o 2012, rematan o seu proxecto en As Corcerizas.
Foi un ano moi especial, marcado pola celebración dos 10 anos de traxectoria do proxecto, a acollida da asociación a nivel internacional a través do summer camp, e as distintas actividades de formación, educación, campamentos, etc. Gracias á colaboración de Marcos e Carla puidemos desenvolver os programas e continuar a mellorar o equipamento, polo que dende a equipa agradecemos moito todo o que aportaron e tamén a nova amizade que creamos!
Esperamos vervos pronto de novo pola serra!
E animamos a todas as que podades participar no Servizo de Voluntariado Europeo a que vos informedes, xa que é unha gran oportunidade de obter experiencia profesional participando en distintos proxectos do país europeo que elixades, e a coste 0. Se estades interesadas contactade con nós!
10 anos compartindo alternativas! celébrao con nós
Set 17
Dende Amigos da Terra convidámoste a compartir con nós un momento moi especial:
O 10 ANIVERSARIO DE AS CORCERIZAS!
Achégate a As Corcerizas a fin de semana do 29-30 de setembro, e disfruta das actividades ambientais e obradorios dunha programación lúdica e participativa (esperamos a túa aportación!). E pola noite… festa rachada, música e lembranzas!
Colabora na recuperación do monte de As Corcerizas
Nov 17
Xornadas de Recuperación de zonas afectadas polos lumes. Coñecer, valorar e capacitar para actuar, 26-27 novembro
Logo da dramática desfeita que os incendios forestais produxeron este ano nos nosos montes e ecosistemas, dende Amigos da Terra propomos unhas xornadas de sensibilización e acción na Serra de San Mamede, Macizo Central Ourensán.
Sábado 26, a partires das 17.30h.: prepararación do Nendo Dango e materiais.
Poderedes aloxarvos de xeito gratuíto no albergue! ou vir directamente o domingo.
Domingo 27, en horario de 10.30h. a 18.00h.:
- Recollida de sementes
- Roteiro interpretativo. Observación e valoración das repercusións do lume
- Plantación de estaquiñas de salgueiro a carón dos regueiros
- Sementeira e plantación de árbores e método Nendo Dango (bolas de arxila con sementes autóctonas)
Consulta o Programa das Xornadas
Ficha de inscricion xornadas monte formato odt
Ficha de inscricion xornadas monte formato doc
Colabora nesta actividade:
Un novo Campo de Traballo que deixa pegada en As Corcerizas
Ago 2
Rematamos o campo de traballo de bioconstrución moi satisfeitas/os dos resultados obtidos, da convivencia e o bo ambiente de cooperación e traballo conxunto que se creou, acompañado por suposto de moitas risas!
Tomando a bioconstrución como fío conductor, creamos entre todos e todas as participantes un campo multidisciplinar de reflexións, opinións e experiencias desde distintas temáticas ambientais, sociais, e diferentes puntos de vista.
Participa no Voluntariado Ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestais
Xul 19
Amigos da Terra convídavos a participar na prevención, vixilancia e defensa dos nosos bosques, a través do programa “Voluntariado ambiental para a prevención e defensa contra os incendios forestais”. Este programa, é un proxecto de educación ambiental multidisciplinar posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e pola Dirección Xeral de Montes da Consellería de Medio Rural, en Lóuzara-Samos e na Serra de San Mamede.
II Fin de semana de Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais
Mai 13
As Corcerizas acolle dende hoxe e ata o domingo, a segunda fin de semana de Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais, un proxecto de educación ambiental multidisciplinar posto en marcha pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza, na Serra de San Mamede (Macizo Central Ourensán) e na Baixa Limia (Serra do Xurés). Nesta ocasión, despois de facer un roteiro na busca e interpretación de rastros animais e profundizar no coñecemento da situación do lobo en Galicia, abordaremos unha temática de conexión coa Terra, dando renda solta á nosa imaxinación creando obras de “Land Art”.
Fins de semana de voluntariado ambiental en San Mamede. Apúntante xa!
Abr 15
Amigos da Terra anímavos a fomar parte activa da mellora dos nosos montes e a disfrutar dos encantos da montaña ourensá, a través do programa Voluntariado Ambiental en Espazos Naturais.
Un programa de formación e sensibilización en materia de patrimonio natural galego, que ten por obxecto promover o voluntariado a través de actividades de educación ambiental encamiñadas á conservación, recuperación, sostibilidade e divulgación dos valores de distintos espazos naturais de Galicia.

Está aberta a inscrición para o Campo de traballo internacional que levaremos a cabo no verán, do 1 ao 12 de agosto en As Corcerizas. 












Comentarios Recentes