Posteos etiquetados Soberanía Alimentaria
Xornadas escolares “Alimentos Kilométricos”
Set 18
Os alimentos veñen cada vez de máis lonxe, como os “pementos de Padrón” de Marrocos ou os kiwis de Nova Zelanda. En Galicia as terras de cultivo se abandonan, mentres noutros lugares do Sur selvas e pobos son arrasados para producir alimentos baratos que viaxarán miles de quilómetros ata chegar ás nosas mesas.
Unha alimentación sustentable, ademais de ser saudable para nós mesmos/as, debe respectar o medio no que todos/as convivimos. En As Corcerizas se demostra que este modelo é posible, baseado nunha redución de emisións de CO2: enerxías renovables; eficiencia enerxética e bioconstrución; e unha alimentación sostible, de orixe local e ecolóxica.
Encontro de Soberanía Alimentaria. Alternativas locais para un cambio global
Set 10
A relación que temos cos alimentos e a forma na que os producimos está sometida a presións crecentes. Como resultado, a agricultura a pequena escala está sendo reemplazada por unha a gran escala, creada por agro-empresas transnacionais. Con este encontro en As Corcerizas, do 26 ao 28 de setembro, pretendemos participar na construción de pontes entre a xente e os seus alimentos:
A AGRO-INDUSTRIA E AS SÚAS REPERCUSIÓNS: unha visión global sobre a realidade dos transxénicos; o acaparamento de terras; e o novo asalto da globalización económica: os tratados de libre comercio. Informándonos sobre as consecuencias ambientais e nas comunidades, e debatindo para acadar propostas.
DA HORTA AO PRATO. Obradoiro de Cociña EcoLóxica: alternativas prácticas para un cambio global.
Consulta os contidos, horarios e tarifas aquí: PROGRAMA SOBERANÍA ALIMENTARIA AS CORCERIZAS
Apúntate ao curso de alimentación eco-loxica e natural
Mai 24
Dende Amigos da Terra apostamos por unha alimentación sana, natural e sustentable, polo que os días 15 e 16 de xuño levaremos a cabo a III edición do curso. Nesta ocasión achegarémonos a coñecer o tipo de alimentación axeitado ás necesidades nutricionais de cada persoa, aprendendo a deseñar e preparar dietas equilibradas e equilibradoras; coñecendo o que máis nos convén segundo a estación e estado do noso organismo en cada momento. Aprenderemos menús alternativos, carentes de lácteos ou glute entre outras cousas!
Consulta os contidos específicos e máis información no [PROGRAMA COMPLETO]
A actividade é gratuíta e as prazas limitadas, inscríbete xa!
Agroecoloxía na casa: curso práctico de elaboración de queixos e conservas
Nov 6
A fin de semana do 24-25 de novembro Amigos da Terra convídavos a participar no curso de elaboración artesanal de queixos e conservas, co obxectivo de introducirnos no eido da agroecoloxía práctica, investigando novas alternativas e posibilidades para facer un consumo máis sustentable e consciente.
Aprenderemos diferentes técnicas de conservación de froitas e hortalizas de tempada para disfrutar delas todo o ano (desecación, escabeche, encurtido, etc.), así como os tipos e procesos para a elaboración de queixo, iogur, quark.., con degustación!
O curso está dirixido a calquera persoa, asociación, cooperativa de consumo, empresa, etc., interesada na transición cara unha alimentación sana e sustentable.
Participación no III Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica en Galicia
Xuñ 23
Amigos da Terra participará mañá xoves no “III Congreso de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica en Galiza”, organizado por el Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo do 24 ao 26 de xuño. Nesta ocasión, participaremos na sesión 3, aula 8, presentando As Corcerizas como un exemplo práctico de xestión enerxética sostible e en total coherencia co medio. Ler mais…