Posteos etiquetados Serra de San Mamede

Se as montañas te fan feliz, dálles algo a cambio!

Dende a Rede de Montañas, da que formamos parte, queremos transmitir unha mensaxe de entrada no 2013 para todas as persoas amigas das montañas: se as montañas te fan feliz, DALLES ALGO A CAMBIO!! Hai tanto que facer…!:

– defendelas de proxectos insensatos e de quenes as maltratan,
– aprender acerca delas e non molestar aos/ás habitantes,
– levarte lixo, reparar camiños e non estropealos,
– plantar árbores (e regalas),

qué máis se che ocorre? Comparte as túas ideas escribindo un correo a coordinacion@redmontanas.org e cóntanos cómo levalas a cabo!! Feliz 2013!!

10 anos compartindo alternativas! celébrao con nós

Dende Amigos da Terra convidámoste a compartir con nós un momento moi especial:

O 10 ANIVERSARIO DE AS CORCERIZAS!

Achégate a As Corcerizas a fin de semana do 29-30 de setembro, e disfruta das actividades ambientais e obradorios dunha programación lúdica e participativa (esperamos a túa aportación!). E pola noite… festa rachada, música e lembranzas!

Ler mais…

Damos comezo aos campas de verán de Greenpeace!

Na 15ª edición dos seus campamentos de verán, Greenpeace inicia as actividades para xóvenes en acción, e coherentemente co espíritu dos seus campamentos ningún contorno mellor que o de As Corcerizas, onde Amigos da Terra leva unha década sendo pioneira nos eidos da bioconstrución, enerxías limpas, alimentación ecolóxica e local, a redución e xestión dos seus residuos e a biodepuración das augas residuais.

Os/as participantes están a aprender como traballa Greenpeace, tanto a nivel de asociación como dos obxectivos ambientais e as campañas que levan a cabo, pero tamén están a coñecer a nosa realidade local e a disfrutar dos recursos da Serra de San Mamede.

Para Amigos da Terra convertir a utopía en realidade, e que dita realidade poda ser vivida e mostrada, constitúe un exemplo de que non hai mellor xeito de dicir as cousas que facelas.

Campamentos de verán con Greenpeace!

Este ano levaremos a cabo en As Corcerizas os campamentos de verán de Greenpeace, que levan xa 15 anos desenvolvéndose en distintos lugares de referencia.

Os campamentos de Greenpeace teñen como pilares fundamentais a paz, a tolerancia, a igualdade e a loita por un futuro verde; valores que comparte con Amigos da Terra e que convertirán este campamento nunha experiencia especialmente inesquecible e positiva para os/as nenos/as.

Están dirixidos a “Xóvenes en Acción”, de 12 a 17 anos, repartidos en quendas de 10 días durante todo o mes de xullo.

Ampliar información

Participa na xornada “O rural que queremos”!

Amigos da Terra participará este vindeiro sábado 2 de xuño na primeira xornada “O rural que queremos”, unha iniciativa da Comunidade de Montes do Salgueiral coa colaboración do Concello de Pontevedra.

O obxectivo da xornada é o de ofrecer un espazo de encontro, diálogo e exposición da diversidade de iniciativas privadas que están contribuíndo a activar e conservar os recursos específicos do rural.

Aportaremos a experiencia do traballo que se desenvolve en As Corcerizas en conxunto coa Comunidade de Montes de Arnuide, para a recuperación e conservación da Serra de San Mamede.

Consulta o programa da xornada e apúntate!

triptico o rural que queremos

 

Vente de campamento con Amigos de la Tierra!

Este verán poderás apuntar aos/ás teus/túas nenos/as ao Campamento ecolóxico de Educación Ambiental organizado polo grupo de Amigos de la Tierra Comunidad de Madrid.

Combinaremos as alternativas que ofrece As Corcerizas coa experiencia da asociación en campamentos de educación ambiental, actividades de lecer e multiaventura. Unha oportunidade para a convivencia de rapaces/zas de distintos territorios do Estado español, e na montaña!

  • DATAS: 2 a 11 de agosto
  • IDADES: 8 a 16 anos
  • PREZO: 287€ para socios/as; 331€ para non socios/as

Máis información e inscricións:

amigos@tierramadrid.org; 91 697 34 22 – 678 481 037

Roteiros para a Xuventude. Educación ambiental e lecer

“Roteiros para a Xuventude” consiste nun programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.

As Corcerizas sitúase dentro do Macizo Central Ourensán, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) dentro da Rede Natura 2000. A súa localización en plena montaña, a 1.100m. de altura, constitúe un recurso ideal para a desconexión, relaxación e posta en acción de actividades de natureza e lecer.

En As Corcerizas – Serra de San Mamede están previstas as seguintes datas para os roteiros:

  • Abril: 21­-22
  • Maio: 12­-13 e 26­-27
  • Xuño: 9­-10

Ler mais…

6ª edición do Programa Sentir, Coñecer e Actuar

Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis no Programa Escolar de Educación Ambiental: Sentir Coñecer e Actuar

Xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro

O programa ofrece diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos de primaria e secundaria: cambio climático, enerxías renovables, bioconstrución, residuos, aplicación de metoloxías científicas, coñecemento do medio e cooperación.

As xornadas serán desenvoltas nas instalacións de As Corcerizas e no entorno do Macizo Central Ourensán.

Contacta con nós en:

info@ascorcerizas.com
Telf: 988 374 318 / 986 125 171

  • Rúa da Concordia 20, 2º esquerda 32003 – Ourense
  • Rúa Policarpo Sanz, 17 – 1º D. 36202 – Vigo

Colabora na recuperación do monte de As Corcerizas

Xornadas de Recuperación de zonas afectadas polos lumes. Coñecer, valorar e capacitar para actuar, 26-27 novembro

Logo da dramática desfeita que os incendios forestais produxeron este ano nos nosos montes e ecosistemas, dende Amigos da Terra propomos unhas xornadas de sensibilización e acción na Serra de San Mamede, Macizo Central Ourensán.

Sábado 26, a partires das 17.30h.: prepararación do Nendo Dango e materiais.

Poderedes aloxarvos de xeito gratuíto no albergue! ou vir directamente o domingo.

Domingo 27, en horario de 10.30h. a 18.00h.:

  • Recollida de sementes
  • Roteiro interpretativo. Observación e valoración das repercusións do lume
  • Plantación de estaquiñas de salgueiro a carón dos regueiros
  • Sementeira e plantación de árbores e método Nendo Dango (bolas de arxila con sementes autóctonas)

Consulta o Programa das Xornadas

 

Ficha de inscricion xornadas monte formato odt

Ficha de inscricion xornadas monte formato doc

Colabora nesta actividade:

concello ourense

 

Un novo Campo de Traballo que deixa pegada en As Corcerizas

Rematamos o campo de traballo de bioconstrución moi satisfeitas/os dos resultados obtidos, da convivencia e o bo ambiente de cooperación e traballo conxunto que se creou, acompañado por suposto de moitas risas!

Tomando a bioconstrución como fío conductor, creamos entre todos e todas as participantes un campo multidisciplinar de reflexións, opinións e experiencias desde distintas temáticas ambientais, sociais, e diferentes puntos de vista.

Ler mais…