Posteos etiquetados Premio CONAMA 2014

Amigos da Terra gaña o PREMIO CONAMA de Sostibilidade!

eolico_instalacion_500O proxecto de As Corcerizas gaña o VII Premio Conama á Sostibilidade de Pequenos e Medianos Municipios 2014 na categoría de menos de 5.000 habitantes, que se entregará o 24 de novembro no duodécimo Congreso Nacional del Medio Ambiente.

Trátase dun galardón honorífico que distingue as mellores iniciativas de eido local a favor da sostibilidade, dando visibilidade a aquelas que poidan servir de exemplo a outras localidades do Estado español. Amigos da Terra continúa creando e divulgando alternativas para un cambio real de modelo!

Apoia a As Corcerizas no PREMIO CONAMA de Sostibilidade

conama2014_congreso_premio_webAmigos da Terra presentase ao  “Premio Conama a la Sostenibilidad 2014″ co seu proxecto “As Corcerizas, ejemplo de alternativas para un cambio de modelo”.

Trátase dun galardón honorífico que distingue as mellores iniciativas de eido local a favor da sostibilidade, dando visibilidade a aquelas que poidan servir de exemplo a outras localidades do Estado español.

Os proxectos gañadores decídense a partir de nove votos. Os oito de cada un dos membros dun xurado de expertos en sostibilidade e un noveno que depende dos resultados das votacións en Internet. Estos premios entregaranse no próximo Congreso Nacional de Medio Ambiente, CONAMA 2014, que se celebrará en Madrid do 24 ao 27 de novembro.

CONSULTA AQUÍ A FICHA. Votacións so ata o 3 de novembro!