Posteos etiquetados Pinturas Ecolóxicas

Obradoiro de Pinturas e Aceites Naturais

2014obradoiro_pinturas_naturais

O 18 de outubro levaremos a cabo un obradoiro no que coñeceremos as vantaxes do emprego de pinturas e vernices naturais: transpirables, regulan a humidade e están libres de sustancias nocivas. A súa elaboración é respetuosa co medio, tanto na produción como na reciclaxe de materias primas e embalaxes. Unha alternativa ás convencionais que supoñen un risco para a saúde polas sustancias canceríxenas e a emisión de gases tóxicos.

Imparte a formación o especialista Alexandre Domínguez, coñecido como Pintor de Quins e promotor da empresa Decologic

Consulta os horarios, contidos e actividades complementarias da xornada!

Ler mais…

Bioconstrución e renovables: formación no mes de outubro

2014_formacion_bioconstrucionAberta a inscrición dos cursos que pon en marcha Amigos da Terra:

Estufas de alto rendemento: 11 e 12 de outubro. Imparte Manuel Vázquez, Ecofogar

Pinturas e aceites naturais: 18 de outubro. Imparte Alejandro Domínguez-Pintor de Quins, Decologic

Enerxías renovables no fogar e instalación de fotovoltaicas: 25 e 26 de outubro. Imparte Suso López Taboada, Montaxes Lagoa

Xeobioloxía e bioconstrución: 8 e 9 de novembro. Imparte Xulio Fernández, Bioconstruir

Se estás interesada solicita información e realiza a preinscrición en: info@ascorcerizas.com

Os cursos irán publicandose con programa, horarios, formadores/as e tarifas. Estade atentas!