Posteos etiquetados Interpretación do Patrimonio

Coñece o Bidueiral de Montederramo! roteiro guiado pola “fraga das damas brancas”

140914_roteiro_bidueiralAmigos da Terra convídavos a participar nun roteiro interpretativo por unha das fragas mellor conservadas de Galicia, o Bidueiral de Montederramo. Propoñemos un programa de actividades para a fin de semana do 13-14 de setembro, gratuíto, aberto á participación!:

Sábado-10.30h a 19.30h. Saída ao Bidueiral de Montederramo: disfrutaremos dun bosque de especies autóctonas, coñecendo os seus usos tradicionais e mediciñais nas poboacións próximas; e o alto valor ecolóxico deste espazo como sumideiro de CO2.

Domingo-10.30h. a 13.30h. Visita As Corcerizas e voluntariado: se non coñeces o proxecto achégate a visitar os recursos do centro.

Apúntate! envia un correo a info@ascorcerizas.com e porémonos en contacto contigo.

Related Images:

Participa con Amigos da Terra na protección dos bosques!

260414voluntariado_bosquesO sábado 19 de abril continuaremos coas xornadas de voluntariado ambiental na Serra de San Mamede, centrando as accións no ecosistema forestal próximo a As Corcerizas; espazo de gran riqueza faunística e de diversidade de especies vexetais. Coa finalidade de seguir recuperando zonas degradadas e revalorizar os seus elementos singulares, realizaremos as seguintes actividades:

– Mellora do bosque comestible

– Deseño do “roteiro da fraga das lendas” e localización do miradoiro

– Construción dunha ponte sobre o río da lagoa

Se estás interesado/a en participar, contacta en voluntariado.galicia@amigosdaterra.net ou no 988 374 318, local de Amigos da Terra en Ourense. Horario das actividades:11h. a 19h.; saída conxunta ás 10 dende Ourense

Related Images:

Roteiros para a Xuventude. Educación ambiental e lecer

“Roteiros para a Xuventude” consiste nun programa de saídas de fin de semana que permite o contacto coa natureza ao mesmo tempo que combina o lecer, o deporte e mailo coñecemento do noso contorno cultural e ambiental.

As Corcerizas sitúase dentro do Macizo Central Ourensán, catalogado como Lugar de Importancia Comunitaria (L.I.C.) dentro da Rede Natura 2000. A súa localización en plena montaña, a 1.100m. de altura, constitúe un recurso ideal para a desconexión, relaxación e posta en acción de actividades de natureza e lecer.

En As Corcerizas – Serra de San Mamede están previstas as seguintes datas para os roteiros:

  • Abril: 21­-22
  • Maio: 12­-13 e 26­-27
  • Xuño: 9­-10

Ler mais…

Related Images:

Cualifícate en Interpretación do Patrimonio. Prazo aberto de inscrición

Amigos da Terra abre a convocatoria de inscrición para o Curso Aplicación da Interpretación do Patrimonio como Estratexia de Comunicación e Instrumento de Xestión.

interpretacion del patrimonio

Entendendo a Interpretación do Patrimonio como un arte, trátase de transmitir sensacións, sentimentos relevantes ao público, e despertar actitudes positivas para a conservación e coñecemento do noso patrimonio.

Trasladaremos esta definición na práctica aplicando esta potente estratexia de comunicación no medio natural en As Corcerizas e no medio urbano en Vigo.

DATAS E LUGAR: 7 e 8 de maio en As Corcerizas; 13, 14 e 15 de maio en Vigo.

DURACIÓN: 40 horas

PREZO: 175 € e 150 € para socios e socias de Amigos da Terra. O prezo inclúe matrícula do curso e aloxamento e manutención da fin de semana do 7-8 de maio en As Corcerizas.

Consulta os CONTIDOS e máis información sobre o curso.

 

Temario en base a cursos adaptados á Cualificación Profesional “Interpretación e Educación Ambiental”, segundo o Real Decreto 1224/2009 de Recoñecemento das Competencias Laborais.

Ler mais…

Related Images:

Apúntate ás accións formativas de Amigos da Terra

Desde Amigos da Terra adiantámosvos o programa de cursos e outras accións formativas que levaremos a cabo nesta primavera. Cada curso será posteriormente convocado e detallado coa información precisa e a ficha de inscrición correspondente.

  • Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, 2-3 de abril
  • Seminario Estatal Cambio Climático e Biodiversidade, 8-10 de abril
  • A Educación Artística como Recurso Comunicativo e de Participación, 15-17 de abril
  • Aplicación da Interpretación do Patrimonio como Estratexia de Comunicación e Instrumento de Xestión, 7-8 e 14-15 de maio
  • Bioconstrución: Monográfico sobre Barro, 28-29 de maio
  • Recursos prácticos de Educación Ambiental no Tempo Libre, 4-5 de xuño
  • Rastros de Fauna: Monográfico sobre Reptís, 12 de xuño

Reserva datas e apúntate canto antes!
Máis información dos Cursos de Amigos da Terra nesta primavera.

Related Images:

Inscríbete no Curso de Interpretación do Patrimonio. Novo formato

Amigos da Terra organiza o curso APLICACIÓN DA INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO COMO ESTRATEXIA DE COMUNICACIÓN E INSTRUMENTO DE XESTIÓN, cun temario en base a cursos adaptados á Cualificación Profesional “Interpretación e Educación Ambiental”, segundo o Real Decreto 1224/2009 de Recoñecemento das competencia laborais.

Entendendo a Interpretación do Patrimonio como un arte, trátase de transmitir sensacións, sentimentos relevantes ao público, e despertar actitudes positivas para a conservación e o coñecemento do noso patrimonio.

Datas: 5-6-7 e 19-20-21 de novembro

Duración: 40 horas; máis posibilidade de prácticas en As Corcerizas

Prezo: 250 €; para socios/as de Amigos da Terra 230 €

Inclúe matrícula, aloxamento e manutención durante as dúas fins de semana

As plazas son limitadas

Consulta os Contidos do Curso

E inscríbete cubrindo a ficha e remitíndoa a info@ascorcerizas.com

Data límite de inscrición: 2 de novembro

ficha inscricion_formato odt

ficha inscricion_formato doc

Related Images: