Esta fin de semana un grupo de 20 persoas participaron no curso de Horta Ecolóxica Familiar. Guiadas por Jacobo e Belén, puxemos a semente que xerminará en novas iniciativas e melloras das nosas hortas.

Para comezar, elaboramos entre todas unha espiral de aromáticas e un bancal para o cultivo de verán, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos. De xeito ameno e dende unha visión práctica, recibimos moita información e fomos máis conscientes de todos os factores a ter en conta nos nosos cultivos.

Unha posta en valor do traballo que desenvolven os labregos e labregas en Galicia, o que nos motiva a apoiar as iniciativas de agricultura ecolóxica local e a rexeitar unha alimentación baseada na explotación masiva dos recursos naturais e humanos.