Posteos etiquetados Horta Ecolóxica
Inscríbete no curso de horto ecolóxico! e participa nas hortas urbanas comunitarias
Feb 26
Amigos da Terra convídavos a participar na II edición do curso horto ecolóxico familiar a fin de semana do 9-10 de marzo.
Ademais dos contidos teóricos necesarios para poñer en marcha unha horta, levaremos a cabo obradoiros prácticos que nos permitirán iniciar e manter os nosos cultivos: extracción de sementes, preparación de extractos vexetais e a elaboración de sementeiras.
O curso será impartido por Jacobo Ojea e Belén Fervenza, produtores/as de Redondela con ampla experiencia en agricultura ecolóxica. Coa súa colaboración iniciaremos tamén hortas urbanas en Ourense e Vigo durante a primavera, a través de xornadas de traballo en parcelas comunitarias. Apúntate ao autoconsumo!
Creando unha nova espiral de iniciativas
Mar 19
Esta fin de semana un grupo de 20 persoas participaron no curso de Horta Ecolóxica Familiar. Guiadas por Jacobo e Belén, puxemos a semente que xerminará en novas iniciativas e melloras das nosas hortas.
Para comezar, elaboramos entre todas unha espiral de aromáticas e un bancal para o cultivo de verán, poñendo en práctica os coñecementos adquiridos. De xeito ameno e dende unha visión práctica, recibimos moita información e fomos máis conscientes de todos os factores a ter en conta nos nosos cultivos.
Unha posta en valor do traballo que desenvolven os labregos e labregas en Galicia, o que nos motiva a apoiar as iniciativas de agricultura ecolóxica local e a rexeitar unha alimentación baseada na explotación masiva dos recursos naturais e humanos.
O horto ecolóxico familiar. Capacitándonos na produción para o autoconsumo
Feb 23

Do 17 – 18 de marzo dámos comezo á programación formativa de primavera cun curso teórico práctico sobre horticultura.
Da man de Belén Fervenza e Jacobo Ojea, labregos/as ecolóxicos de Redondela e habituais colaboradores de Amigos da Terra, coñeceremos nocións básicas para iniciarse na creación dun horto ecolóxico para autoconsumo.
Planificación, rotacións, asociacións, sistemas de rega, creación de bancales, etc; serán algúns dos contidos a tratar neste curso, onde ademais dos contido teóricos, faremos prácticas sobre o terreo.











Comentarios Recentes