ecoactivismo_vertical_280614cursoO 28 e 29 de xuño levaremos a cabo unha formación que nos achegará a diferentes técnicas para levar a cabo accións en defensa do medio ambiente:

Na xornada do sábado coñeceremos posibles métodos de ascenso e descenso a árbores, cómo establecernos nelas de forma cómoda e segura durante o tempo necesario para a nosa vixianza contra incendios, avistamentos ou calquera acción que o requira. Coñeceremos medidas de seguridade, familiarizándonos co material e métodos para asegurar o éxito das nosas accións.

Na mañá do domingo practicaremos sobre infraestructuras e edificacións, prestando especial atención aos sistemas de anclaxe, técnicas de rappel e colocación de elementos. Actívate na defensa do medio ambiente!

Ler mais…

Related Images: