Posteos etiquetados Enerxías Renovables
Amigos da Terra gaña o PREMIO CONAMA de Sostibilidade!
Nov 18
O proxecto de As Corcerizas gaña o VII Premio Conama á Sostibilidade de Pequenos e Medianos Municipios 2014 na categoría de menos de 5.000 habitantes, que se entregará o 24 de novembro no duodécimo Congreso Nacional del Medio Ambiente.
Trátase dun galardón honorífico que distingue as mellores iniciativas de eido local a favor da sostibilidade, dando visibilidade a aquelas que poidan servir de exemplo a outras localidades do Estado español. Amigos da Terra continúa creando e divulgando alternativas para un cambio real de modelo!
Apúntante á montaxe dun sistema fotovoltaico
Nov 5
Amigos da Terra e Nosa Enerxía poñen en marcha unha xornada gratuíta en As Corcerizas, o día 16 de novembro, co fin de facilitar información para integrar fontes de produción de electricidade renovable a nivel doméstico e/ou consumir este tipo de enerxías con garantías de sostibilidade.
Logo dunha introdución sobre o sector enerxético, a Cooperativa Nosa Enerxía explicará as opcións de consumo de renovables e a súa área de comercialización como alternativa xa en funcionamento.
O resto da xornada será de carácter práctico, montando un sistema fotovoltaico asistido, da man de Suso López Taboada, instalador experto en sistemas eólicos, fotovoltaicos e microhidráulico. Tamén coñeceremos o funcionamento dun sistema illado a través da visita técnica guiada ás nosas instalacións enerxéticas de As Corcerizas. PROGRAMA COMPLETO
Apoia a As Corcerizas no PREMIO CONAMA de Sostibilidade
Out 28
Amigos da Terra presentase ao “Premio Conama a la Sostenibilidad 2014″ co seu proxecto “As Corcerizas, ejemplo de alternativas para un cambio de modelo”.
Trátase dun galardón honorífico que distingue as mellores iniciativas de eido local a favor da sostibilidade, dando visibilidade a aquelas que poidan servir de exemplo a outras localidades do Estado español.
Os proxectos gañadores decídense a partir de nove votos. Os oito de cada un dos membros dun xurado de expertos en sostibilidade e un noveno que depende dos resultados das votacións en Internet. Estos premios entregaranse no próximo Congreso Nacional de Medio Ambiente, CONAMA 2014, que se celebrará en Madrid do 24 ao 27 de novembro.
CONSULTA AQUÍ A FICHA. Votacións so ata o 3 de novembro!
Curso de Xeobioloxía e Bioconstrución
Out 21
A Bioconstrución entende unha relación de saúde e harmonía entre a vivenda e as persoas, respetando o medio e incorporando sistemas eficientes e aforradores de enerxía. Os días 8 e 9 de Novembro, levaremos a cabo un curso co obxectivo de mostrar os aspectos a ter en conta dende o momento de plantexar o edificio, integrando, ademais da orientación, unha serie de factores de risco que poderían afectar á saúde das persoas que habiten o lugar.
Unha axeitada prospección da xeobioloxÍa do terreo daranos información sobre posibles alteracións; aprendendo cómo replantexar o posicionamento da edificación no seu lugar óptimo segundo a súa finalidade. Aprenderemos a facer un estudo de Biohabitabilidade e a elaborar paralelamente unha idealización e construción cos materiais axeitados aos criterios da Bioconstrución: cal, arxilas, madeiras, pinturas orgánicas, etc. Así como o uso e manutención e a súa vinculación coa saúde.
Apúntate canto antes! aquí o PROGRAMA COMPLETO XEOBIOLOXÍA E BIOCONSTRUCIÓN. Ler mais…
Curso de Produción e Xestión de Electricidade Renovable nas edificacións
Out 10
Os días 25 e 26 de outubro, Amigos da Terra pon en marcha unha formación en As Corcerizas co obxectivo de proporcionar a información suficiente para integrar fontes de produción de electricidade renovable a nivel doméstico: solar, eólica e microhidráulica; de xeito práctico e cun enfoque real que permita trasladalo ao noso proxecto ou fogar.
No curso entenderemos cómo calcular o consumo eléctrico nunha vivenda e a súa demanda enerxética, os criterios de elección das fontes renovables máis apropiadas e as diferentes opcións para a xestión eléctrica nun sistema asistido ou illado da rede eléctrica. Ademais adquiriremos as nocións básicas para o dimensionamento dun sistema de aproveitamento de electricidade fotovoltaica, cos cálculos precisos para trasladalo a cada realidade.
Información ampliada: PROGRAMA E CONDICIÓNS
Bioconstrución e renovables: formación no mes de outubro
Set 23
Aberta a inscrición dos cursos que pon en marcha Amigos da Terra:
– Estufas de alto rendemento: 11 e 12 de outubro. Imparte Manuel Vázquez, Ecofogar
– Pinturas e aceites naturais: 18 de outubro. Imparte Alejandro Domínguez-Pintor de Quins, Decologic
– Enerxías renovables no fogar e instalación de fotovoltaicas: 25 e 26 de outubro. Imparte Suso López Taboada, Montaxes Lagoa
– Xeobioloxía e bioconstrución: 8 e 9 de novembro. Imparte Xulio Fernández, Bioconstruir
Se estás interesada solicita información e realiza a preinscrición en: info@ascorcerizas.com
Os cursos irán publicandose con programa, horarios, formadores/as e tarifas. Estade atentas!
Finaliza con éxito a I edición do programa escolar: Reduce a pegada de carbono!
Xuñ 10
As Corcerizas no Salón da Construción: alternativa ás compañías eléctricas
Xuñ 5
Amigos da Terra presenta as alternativas que ofrece o seu proxecto de As Corcerizas para un cambio de modelo enerxético no Salón da Construción de Galicia SICO 2014.
Será o xóves 5 de xuño ás 18h., no marco das xornadas técnicas organizadas por AGAEN, Cluster Galego do Autoconsumo Enerxético; entidade que aboga polo autoconsumo enerxético e a xeneración distribuida de electricidade. As Xornadas contarán con especialistas en enerxías renovables, bioconstrución, técnicas de eficiencia enerxética, empleo de cámaras termográficas para detectar fallos de illamento, etc. MAIS INFORMACIÓN
Curso de deseño de Permacultura
Mai 17
12 a 27 de xullo en As Corcerizas, con máis de 100 horas!
Apúntate a esta formación ecopedagóxica baseada nunha aprendizaxe inclusiva e compartida, vinculando o coñocemento adquirido coas experiencias e circunstancias da vida diaria.
Mantendo o respeto polo currículum convencional de 72 horas dun CDP, traballaremos na aplicación práctica da ética, principios, técnicas e coñocemento ecolóxico e social da permacultura; con certificado recoñecido internacionalmente.
Consulta o PROGRAMA diario, currículum do facilitador, etc.
Primeiros vatios de minieólica intelixente en As Corcerizas
Mar 25
Este domingo, 23 de marzo de 2014, vai supoñer un antes e un despois a nivel enerxético para As Corcerizas! Logrouse con éxito a instalación dunha nova máquina de pequena potencia que mostra un novo concepto de minieólica: máxima eficiencia, fiable, con baixos niveles de ruído e sen mantemento. Este novo aeroxerador Anelion SW3.5 distínguese por ter un sistema de regulación e control de potencia puramente electrónico, que agora está a producir xa os primeiros vatios na Serra de San Mamede.
Fotos do proceso: Presentación instalación aeroxerador