Posteos etiquetados Eficiencia Enerxética
Actividades Escolares: oferta especial de primavera!
Xan 22
Inscribe o teu centro educativo nas actividades escolares 2013! Adaptadas dende infantil ata bacharelato, con estadías de 1 a 3 días. Cada centro pode escoller entre as diferentes actividades propostas ou solicitar un programa “a medida”. Ofertas especiais, consulta as TARIFAS:
Cubre as 50 plazas do bus e só vos custará 8 € por participante! Para estancias, en grupos de 25 participantes, con aloxamento, manutención e actividades:
– 2 días: 68€/persoa (inclúe 1 noite e 1 pensión completa)
– 3 días: 97€/persoa (inclúe 2 noites e 2 pensións completas)
Consulta as actividades propostas e o modo de inscrición!
A experiencia de Montaxes Lagoa-enerxías renovables completa o curso de Bioconstrución
Set 27
Suso López Taboada, experto en enerxías renovables, completa o curso de bioconstrución que levaremos a cabo esta fin de semana.
Dende a súa experiencia en MONTAXES LAGOA, empresa de instalación de enerxías renovables, e coa propia realidade das fontes renovables que autoabastecen As Corcerizas, teremos unha visión práctica e realista deste eido e da súa situación actual.
A integración das enerxías renovables constitúe unha premisa máis a ter en conta nos nosos proxectos de bioconstrución e autoconstrución.
Curso avanzado de Bioconstrución e Monográfico sobre Cal. PRAZAS CUBERTAS
Set 6
Formación dirixida a autoconstrutores/as, estudantes e profesionais da construción e bioconstrución, arquitectura, urbanismo, enxeñeiría, xestión do territorio, calidade ambiental, etc.
40 horas presenciais. Certificado de asistencia.
Prazas Limitadas!
Cursos financiados pola rede de Amigos de la Tierra
Podes inscribirte na formación completa ou participar só nun dos cursos:
Curso de Bioconstrución, 20 horas
- Módulo 1 – Sistemas construtivos e materiais (15h.): 30 Setembro, 1 e 2 de Outubro
- Módulo 2 – Térmica do edificio (5h.): 7 de Outubro
Monográfico de Rehabilitación e Construción con Cal, 20 horas
- Módulo Teórico – Por que o emprego de cal nos edificios? Aplicacións e beneficios do emprego da cal na construción e rehabiltación
- Módulo Práctico – Elaboración de morteros de cal; revocos exteriores e interiores; solos de cal
Consulta os contidos e condicións de inscrición:
Finaliza a edición 2010-2011 do Proxecto Terra en As Corcerizas
Xuñ 1
Coa visita do Ies Rodeira de Cangas o pasado 26 de maio, dámos por finalizadas as xornadas educativas en As Corcerizas dentro dos Intercambios territoriais previstos na programación do Proxecto Terra para curso 2010-2011.
Entre os meses de abril e maio case 200 escolares de 12 a 18 anos, chegados de diferentes pontos de Galicia, puideron comprobar en 1ª persoas as vantaxes e beneficios da bioconstrución e arquitectura bioclimática; tomando consciencia da diversidade e evolución das construcións e dos asentamentos no territorio galego.
Amigos da Terra chámate á acción no Día Mundial da Eficiencia Enerxética
Mar 5
O Día Internacional da Eficiencia Enerxética é unha data para que reflexionemos sobre os nosos hábitos fronte ao uso sostible e racional da enerxía. Ademais temos o dereito de reclamar un maior compromiso de empresas, institucións e gobernos coa redución e o emprego de enerxías renovables.
Apostemos en primeiro lugar pola redución de enerxía e despois pola mellora dos procesos, a reutilización, a reciclaxe e a reorientación da produción cara a produtos menos intensivos en enerxía, con maior valor engadido, menos contaminantes, xeradores de emprego e socialmente útiles. Ademais, os/as consumidores/as, podemos mellorar a eficiencia enerxética dos nosos fogares aplicando unha serie de pequenas medidas no referente ao uso racional da calefacción, os electrodomésticos do fogar, etc…
As Corcerizas non é unha utopía, é a aposta feita realidade dun modelo máis coherente onde podes experimentar a viabilidade de todas estas medidas. Reflexiona e actúa!