Posteos etiquetados Educación Ambiental

DÍA DA ÁRBORE: Creación dun bosque de acivros con escolares de Ourense

Dando continuidade ao labor educativo que levan facendo neste eido Amigos da Terra no Centro de As Corcerizas e o Concello de Ourense na Aula de Natureza do río Miño, propomos para celebrar o Día da Árbore, no Ano Internacional dos Bosques, unha xornada de achegamento ao Macizo Central Ourensán co obxectivo de revalorizar os nosos recursos forestais e iniciar a creación dun bosque de acivros na Serra de San Mamede. Día da Árbore 2011

Será este o inicio dun recurso educativo que irá medrando e madurando co paso do tempo e a implicación dos diferentes Centros educativos e persoas que pasan anualmente pola Serra.
Ler mais…

Apúntate ás accións formativas de Amigos da Terra

Desde Amigos da Terra adiantámosvos o programa de cursos e outras accións formativas que levaremos a cabo nesta primavera. Cada curso será posteriormente convocado e detallado coa información precisa e a ficha de inscrición correspondente.

  • Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, 2-3 de abril
  • Seminario Estatal Cambio Climático e Biodiversidade, 8-10 de abril
  • A Educación Artística como Recurso Comunicativo e de Participación, 15-17 de abril
  • Aplicación da Interpretación do Patrimonio como Estratexia de Comunicación e Instrumento de Xestión, 7-8 e 14-15 de maio
  • Bioconstrución: Monográfico sobre Barro, 28-29 de maio
  • Recursos prácticos de Educación Ambiental no Tempo Libre, 4-5 de xuño
  • Rastros de Fauna: Monográfico sobre Reptís, 12 de xuño

Reserva datas e apúntate canto antes!
Máis información dos Cursos de Amigos da Terra nesta primavera.

Grande afluencia das Comunidades de Montes ás Xornadas do 27 de febreiro

Pasadas as xornadas de “O monte como fonte sostible de recursos” podemos dicir que o balance é grandemente positivo.

No entorno das 45 persoas, das diferentes comunidades de montes e axentes implicados no entorno da Serra de San Mamede, déronse cita  na mañá do pasado domingo en As Corcerizas, para recibir con atención e interese as valoracións e propostas previstas na programación.

Ler mais…

O monte como fonte sostible de recursos. Xornadas divulgativas

Data: 27 de febreiro 2011
Lugar: Centro de As Corcerizas, Serra San Mamede (Ou)
Destinatarios/as: proprietarios/as e xestores/as de CMMC, concellos, asociacións vinculadas ao medio rural, público xeral.

Con estas xornadas Amigos da Terra pretende promover unha reflexión crítica sobre usos do monte, achegando ferramentas, experiencias e vías de comunicación e formación, para a capacitación dos axentes implicados

Dentro da xornada está prevista a presentación da Guía para propietarios de terreos eólicos que editou a Fundación Juana de Vega co obxecto de reducir a asimetría de información entre as partes implicadas e mellorar os procesos de negociación.

Ler mais…

Campamentos de Verán de Amigos da Terra

Ábrese o prazo de inscrición dos Campamentos Ambientais de Amigos da Terra para mozos/as e nenos/as. Este ano os campamentos son de carácter estatal, convivindo nenos e nenas de todas as comunidades en As Corcerizas, e adaptados aos diferentes grupos de idades.

Os/as pequenos/as disfrutarán dunha nova experiencia, na que a través do xogo e o divertimento, reforzarán actitudes que os capacitarán para vivir en coherencia e respecto nunha sociedade de futuro.

Ler mais…

Amigos da Terra participa no Proxecto Terra. Intercambio territorial de Allariz

Este ano As Corcerizas forma parte do Proxecto Terra, “un proxecto de cooperación co mundo da educación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (C.O.A.G.), dirixido ás distintas etapas de Educación Obrigatoria co obxectivo de contribuir a mellorar o coñecemento que os/as escolares deben ter da nosa arquitectura e da nosa Identidade Territorial”.

Nos meses de abril e maio os centros educativos poderán participar das actividades de Amigos da Terra definidas no intercambio territorial de Allariz.

Entra na web do Proxecto Terra da C.O.A.G. e consulta o programa.

5ª edición do Programa Sentir, Coñecer e Actuar

Amigos da Terra convídavos a participar un ano máis no Programa Escolar de Educación Ambiental: Sentir Coñecer e Actuar

Xornadas educativas que fomentan no alumnado o pensamento crítico e aportan solucións prácticas para comprender e vivir en coherencia nunha sociedade de futuro

O programa ofrece diversas temáticas ambientais orientadas aos diferentes cursos: cambio climático, enerxías renovables, bioconstrución, residuos, aplicación de metoloxías científicas, coñecemento do medio e cooperación.

Ler mais…

Asina o manifesto en defensa da Educación Ambiental en Galicia

Desde Amigos da Terra apoiamos o manifesto NON Á DESAPARICIÓN DA EDUCACIÓN AMBIENTAL EN GALICIA no que a Sociedade Galega de Educación Ambiental (SGEA) denuncia a alarmante situación que está a vivir a Educación Ambiental na actualidade: recorte de actividades e recursos, peche e infrautilización de equipamentos públicos, despedimentos e peche de empresas, despilfarro de recursos,…

Infórmate e asina ti tamén o manifesto, por unha sociedade máis respectuosa co medio, xusta e solidaria.

Aprazamento do Curso de Interpretación do Patrimonio

Por motivos alleos á organización, o Curso de Interpretación do Patrimonio previsto para este mes de novembro aprázase ata novo aviso.

Manterémosvos informados/as das novas datas.


Para máis información:

info@ascorcerizas.com

Tfno: 988 374 318

Estudantes de secundaria achéganse ao voluntariado ambiental en As Corcerizas

O Centro acolle ata o próximo día 28, un curso de voluntariado ambiental no que participan alumnos/as do Instituto de Educación Secundaria “O Castro”  de Vigo. Durante catro xornadas, este grupo de mozos/as adquirirán unha visión integral da problemática ecosocial, capacitándoos para abordala e actuar dende dous eixes: que poden facer cada un deles, e como poden incidir na sociedade, utilizando sempre o papel do voluntariado como motor de cambio. Ler mais…