Posteos etiquetados Educación Ambiental

Esta primavera: Actividades escolares gratuítas!

alimentos_qm_escolar_planetaAmigos da Terra convida a 8 centros escolares a a participar no programa “Alimentos Kilométricos”, investigando como frear o cambio climático co que comemos cada día!

Os alimentos veñen cada vez de máis lonxe, como os “pementos de Padrón” de Marrocos ou os kiwis de Nova Zelanda. En Galicia as terras de cultivo se abandonan, mentres noutros lugares do Sur do planeta producense alimentos que viaxarán miles de quilómetros ata chegar ás nosas mesas. Unha alimentación sostible, ademáis de ser saudable para nós mesmos/as, debe respectar o medio no que todos/as convivimos. En As Corcerizas pretendemos demostrar que este modelo é posible, baseado nunha redución de emisións.

Consulta os contidos, condicións e horarios: PROGRAMA ALIMENTOS KILOMÉTRICOS 2015

Ler mais…

Voluntariado Ambiental en As Corcerizas, participa!

2014voluntariado_ambiental_veranComezamos co programa de prevención contra os incendios forestais na Serra de San Mamede! Dende Amigos da Terra animámosvos a participar na defensa dos nosos bosques e a colaborar na mellora do ecosistema forestal próximo a As Corcerizas, en estancias gratuítas dunha semana durante os meses de xullo e agosto.

Combinaremos accións directas no monte para a súa recuperación, restauración de zonas afectadas polos lumes, roteiros de vixianza e coñecemento do medio, obradoiros ambientais, debates, videos, dinámicas grupais, etc.; nun ambiente lúdico e participativo.

Apúntate xa a esta primeira semana! do 30 de xuño ao 4 de xullo, neste FORMULARIO DE PARTICIPACIÓN

Máis datas en As Corcerizas: 7 a 11 e 14 a 18 de xullo; 18 a 22 de agosto

As Corcerizas, un reto en constante evolución

premioAsCorcerizas

As Corcerizas é un reto, un proxecto transformador no que Amigos da Terra fixo unha aposta por demostrar que as utopías non só poden ser unha realidade, senon que esa realidade se fixera físicamente exemplar, pois non hai mellor xeito que facer para despois poder falar. Corcerizas nace e desenvolve o seu proxecto co reto de demostrar a viabilidade e importancia de poñer en práctica un proxecto educativo cun equipamento en total coherencia socioambiental, e impulsar o desenvolvemento de novos modelos de sustentabilidade.

Os principais ingredientes que convertiron en realidade esta iniciativa, agora recoñecida internacionalmente, siguen evolucionando viva e dinámicamente como a propia natureza na que está asentada.

Ler mais…

As Corcerizas é finalista a nivel mundial no concurso HI Fondo Sustentabilidade, axúdanos a gañar!

Estamos entre os 15 finalistas E precisamos a túa axuda!
HI Hosteling Internacional 2013

Hostelling International 2013

O Albergue As Corcerizas representa ao Estado español nun concurso de Hostelling International a nivel mundial, que ten como finalidade a conservación e o respeto polo medio ambiente; o proxecto que máis votos online reciba será o gañador.

Dende Amigos da Terra e a Red Española de Albergues Juveniles (REAJ) solicitamos a vosa colaboración votando polo proxecto de As Corcerizas (Spain) entrando en www.reaj.com/sostenibilidad.html e seguindo os pasos que se indican.

Ademais, REAJ sortea 4 fins de semana gratis en calquera dos seus 264 albergues entre as persoas que apoien a As Corcerizas!

Ler mais…

Campamentos 2013 con Amigos da Terra!

Este verán apuntate a un Campamento Alternativo!

Nos campamentos de Amigos da Terra apostamos por unha educación ambiental de calidade, onde ademais do propio disfrute das actividades aportase unha experiencia vivencial de alto valor.

Desenvolvemos un programa en permanente contacto coa natureza, ampliando a sensibilidade que permite identificar valores humáns e de convivencia na mesma. E coidamos a alimentación cunha cociña libre de transxénicos e con alimentos ecolóxicos.

Do 1 ao 10 de xullo terán o protagonismo os mozos e mozas de 10 a 14 anos.

Disfrutarán de variadas actividades educativas, de animación, excursións e visitas a pobos próximos, obradoiros creativos e actividades manuais, xogos populares, dinámicas de grupo, cine ao aire libre, asembleas e debates sobre temas ambientais. Aquí podes consultar máis informacion sobre o enfoque e actividades deste ano.

Fotografías de anteriores Campamentos en As Corcerizas

Ler mais…

Nova etapa para o voluntariado europeo

Este mes Carla e Marcos, voluntarios/as europeos/as de Amigos da Terra durante o 2012, rematan o seu proxecto en As Corcerizas.

Foi un ano moi especial, marcado pola celebración dos 10 anos de traxectoria do proxecto, a acollida da asociación a nivel internacional a través do summer camp, e as distintas actividades de formación, educación, campamentos, etc. Gracias á colaboración de Marcos e Carla puidemos desenvolver os programas e continuar a mellorar o equipamento, polo que dende a equipa agradecemos moito todo o que aportaron e tamén a nova amizade que creamos!

Esperamos vervos pronto de novo pola serra!

E animamos a todas as que podades participar no Servizo de Voluntariado Europeo a que vos informedes, xa que é unha gran oportunidade de obter experiencia profesional participando en distintos proxectos do país europeo que elixades, e a coste 0. Se estades interesadas contactade con nós!

Visitas educativas antes da neve

Xa chegou a neve a As Corcerizas! pronto poderemos amosarvos esa bonita paisaxe.. E xusto antes recibimos varios grupos con diferentes intereses:

Achegáronse os/as socios/as e voluntarios/as de Enxeñería Sen Fronteiras, para levar a cabo a súa xuntanza de asociación, compartindo recursos e potenciando o traballo en rede entre organizacións!

Tamén recibimos ao alumnado do curso de Monitor/a Ambiental que está a levar acabo a Fundación Ramón González Ferreiro de Allariz, co obxectivo de coñecer novas ferramentas educativas, metodoloxías e recursos.

E non faltaron os/as nenos/as! xa que se achegaron 2 grupos do C.E.I.P. A Lama dende a provincia de Pontevedra, dende infantil ata o último curso de primaria, para coñecer a realidade das enerxía renovables.

Pronto comezarán novas actividades, estade atentos/as!

Damos comezo aos campas de verán de Greenpeace!

Na 15ª edición dos seus campamentos de verán, Greenpeace inicia as actividades para xóvenes en acción, e coherentemente co espíritu dos seus campamentos ningún contorno mellor que o de As Corcerizas, onde Amigos da Terra leva unha década sendo pioneira nos eidos da bioconstrución, enerxías limpas, alimentación ecolóxica e local, a redución e xestión dos seus residuos e a biodepuración das augas residuais.

Os/as participantes están a aprender como traballa Greenpeace, tanto a nivel de asociación como dos obxectivos ambientais e as campañas que levan a cabo, pero tamén están a coñecer a nosa realidade local e a disfrutar dos recursos da Serra de San Mamede.

Para Amigos da Terra convertir a utopía en realidade, e que dita realidade poda ser vivida e mostrada, constitúe un exemplo de que non hai mellor xeito de dicir as cousas que facelas.

Amigos da Terra continuará desenvolvendo o proxecto de As Corcerizas 10 anos máis

Amigos da Terra asinamos onte coa Deputación de Ourense a prórroga para a xestión das instalacións de As Corcerizas ata o ano 2022, supondo 10 anos máis de oportunidades para lograr cambios proactivos na sociedade, fiando redes para un cambio de modelo.

Dende Amigos da Terra levamos desenvolvendo o noso proxecto educativo en As Corcerizas dende o ano 2002, cumprindose precisamente este ano o 10 anivesario.

Ler mais…

Campamentos de verán con Greenpeace!

Este ano levaremos a cabo en As Corcerizas os campamentos de verán de Greenpeace, que levan xa 15 anos desenvolvéndose en distintos lugares de referencia.

Os campamentos de Greenpeace teñen como pilares fundamentais a paz, a tolerancia, a igualdade e a loita por un futuro verde; valores que comparte con Amigos da Terra e que convertirán este campamento nunha experiencia especialmente inesquecible e positiva para os/as nenos/as.

Están dirixidos a “Xóvenes en Acción”, de 12 a 17 anos, repartidos en quendas de 10 días durante todo o mes de xullo.

Ampliar información