Posteos etiquetados Autoconsumo

Apúntante á montaxe dun sistema fotovoltaico

PENTAX ImageAmigos da Terra e Nosa Enerxía poñen en marcha unha xornada gratuíta en As Corcerizas, o día 16 de novembro, co fin de facilitar información para integrar fontes de produción de electricidade renovable a nivel doméstico e/ou consumir este tipo de enerxías con garantías de sostibilidade.

Logo dunha introdución sobre o sector enerxético, a Cooperativa Nosa Enerxía explicará as opcións de consumo de renovables e a súa área de comercialización como alternativa xa en funcionamento.

O resto da xornada será de carácter práctico, montando un sistema fotovoltaico asistido, da man de Suso López Taboada, instalador experto en sistemas eólicos, fotovoltaicos e microhidráulico. Tamén coñeceremos o funcionamento dun sistema illado a través da visita técnica guiada ás nosas instalacións enerxéticas de As Corcerizas. PROGRAMA COMPLETO

Ler mais…

As Corcerizas no Salón da Construción: alternativa ás compañías eléctricas

AGAENAmigos da Terra presenta as alternativas que ofrece o seu proxecto de As Corcerizas para un cambio de modelo enerxético no Salón da Construción de Galicia SICO 2014.

Será o xóves 5 de xuño ás 18h., no marco das xornadas técnicas organizadas por AGAEN, Cluster Galego do Autoconsumo Enerxético; entidade que aboga polo autoconsumo enerxético e a xeneración distribuida de electricidade. As Xornadas contarán con especialistas en enerxías renovables, bioconstrución, técnicas de eficiencia enerxética, empleo de cámaras termográficas para detectar fallos de illamento, etc. MAIS INFORMACIÓN

Curso de Deseño, montaxe e mantemento de sistemas eólicos

eolico_instalacionÁbrese a inscrición para o curso que levaremos a cabo en As Corcerizas os días 21 a 23 de marzo: Deseño práctico, montaxe e mantemento de sistemas eólicos de pequena potencia para instalacións de autoconsumo, autónomas ou conectadas á rede.

A formación baséase na configuración dun sistema eólico de pequena potencia e na súa montaxe real, coa posta en marcha, comprobación e mantemento. Consulta o programa: APLICACIÓN INSTALACIÓNS EÓLICAS

DIRIXIDO A: estudantes, formadores/as, electricistas, e profesionais en xeral do sector; emprededores/as, etc., e calquera persoa que teña interese en aproveitar a enerxía do vento para producir electricidade.

PREZO: 175€; 150€ para socios/as de Amigos da Terra; inclúe matrícula, aloxamento e manutención (alimentos ecolóxicos e locais, no posible)

Ler mais…