Posteos etiquetados Cursos
Últimos días para a inscrición no curso de “Ecoteatro”
Abr 5
Ao longo desta semana ainda tedes a oportunidade de inscribirvos ao curso de Ecoteatro, baixo o título de A Educación Artística como Recurso Comunicativo e de Participación, que se celebrará o 16 e 17 de abril.
Consulta a información pinchando aquí, e apuntate canto antes!
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ampliou o plazo para a recepción de solicitudes durante esta semana. Se tes algunha dúbida contacta con nós en info@ascorcerizas.com
O obxectivo do curso é a capacitación de monitores/as, educadores/as e outros profesionais relacionados cos eidos do tempo libre e a educación ambiental, con novas ferramentas comunicativas e de participación. A través da teatralización, expresión corporal, animación, etc, poderedes mellorar nas vosas intervencións educativas e lúdicas, tanto para o público infantil como adulto.
Inscríbete no Curso “A Educación Artística como Recurso Comunicativo e de Participación”
Mar 25
Amigos da Terra anímavos a que vos inscribades ao Curso A Educación Artística como Recurso Comunicativo e de Participación, enmarcado no Plan de formación no eido do tempo libre que oferta a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Os cursos do plan están dirixidos a mozos e mozas en xeral, non obstante terán preferencia os/as monitores/as e directores/as de tempo libre.
DATAS: 15, 16 e 17 de abril. Venres ás 19.30h. ata o domingo ás 19.00h.
DURACIÓN: 20 horas, repartidos en módulos teóricos e fundamentalmente prácticos
INSCRICIÓN: A reserva da praza efectuarase por vía telemática, accedendo á solicitude a través da web www.xuventude.net. Pincha aquí e consulta toda a información precisa.
PRAZAS LIMITADAS!
Seminario Estatal “Cambio Climático e Biodiversidade. Impactos e Solucións” (PRAZAS CUBERTAS)
Mar 16
Amigos de la Tierra e a Fundación Biodiversidad traballamos durante 2010 e 2011 no proxecto Modelización del impacto del cambio climático sobre la biodiversidad vegetal ibérica. Este traballo pretende predecir mediante simulacións estadísticas cál será o impacto do cambio climático sobre a distribución potencial dunha mostra representativa da flora da Península Ibérica.
Co obxecto de dar a coñecer os resultados do proxecto, outros similares e profundizar nos debates sobre metodoloxías, políticas, xestión e solucións ao problema, os días 9 e 10 de abril levaremos a cabo estas xornadas en As Corcerizas, como punto de encontro de axentes do mundo ambiental, académico e do público en xeral.
Contaremos con recoñecidos/as ponentes e excelentes comunicadores/as, consulta o Programa do Seminario e apúntate canto antes!
As xornadas, financiadas pola Fundación Biodiversidad, son gratuítas para os/as participantes, e as plazas son limitadas. Inclúe aloxamento e manutención.
Apúntate ás accións formativas de Amigos da Terra
Mar 6
Desde Amigos da Terra adiantámosvos o programa de cursos e outras accións formativas que levaremos a cabo nesta primavera. Cada curso será posteriormente convocado e detallado coa información precisa e a ficha de inscrición correspondente.
- Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, 2-3 de abril
- Seminario Estatal Cambio Climático e Biodiversidade, 8-10 de abril
- A Educación Artística como Recurso Comunicativo e de Participación, 15-17 de abril
- Aplicación da Interpretación do Patrimonio como Estratexia de Comunicación e Instrumento de Xestión, 7-8 e 14-15 de maio
- Bioconstrución: Monográfico sobre Barro, 28-29 de maio
- Recursos prácticos de Educación Ambiental no Tempo Libre, 4-5 de xuño
- Rastros de Fauna: Monográfico sobre Reptís, 12 de xuño
Reserva datas e apúntate canto antes!
Máis información dos Cursos de Amigos da Terra nesta primavera.
Inscríbete no Curso de Interpretación do Patrimonio. Novo formato
Out 28
Amigos da Terra organiza o curso APLICACIÓN DA INTERPRETACIÓN DO PATRIMONIO COMO ESTRATEXIA DE COMUNICACIÓN E INSTRUMENTO DE XESTIÓN, cun temario en base a cursos adaptados á Cualificación Profesional “Interpretación e Educación Ambiental”, segundo o Real Decreto 1224/2009 de Recoñecemento das competencia laborais.
Entendendo a Interpretación do Patrimonio como un arte, trátase de transmitir sensacións, sentimentos relevantes ao público, e despertar actitudes positivas para a conservación e o coñecemento do noso patrimonio.
Datas: 5-6-7 e 19-20-21 de novembro
Duración: 40 horas; máis posibilidade de prácticas en As Corcerizas
Prezo: 250 €; para socios/as de Amigos da Terra 230 €
Inclúe matrícula, aloxamento e manutención durante as dúas fins de semana
As plazas son limitadas
Consulta os Contidos do Curso
E inscríbete cubrindo a ficha e remitíndoa a info@ascorcerizas.com
Data límite de inscrición: 2 de novembro
II Xornada de Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente no Centro
Xuñ 4
O próximo sábado, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, Amigos da Terra organiza a II Xornada de Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente.
Tal e como aconteceu o pasado ano, alumnos e alumnas do Máster Oficial de Dereito Urbanístico e do Medio Ambiente da Facultade de Dereito de Ourense, daranse cita no Centro para levar á práctica os coñecementos adquiridos e prestados durante o ano na formación da universidade.
Curso “Recursos prácticos para a educación ambiental no tempo de lecer”
Mai 26
O vindeiro venres, 28 de maio, da comezo no centro o curso “Recursos prácticos para a educación ambiental no tempo de lecer”, enmarcado dentro do Plan de formación continua para monitores/as e directores/as de tempo libre que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Este curso pretende poñer en valor as ideas e capacidades dos monitores/as, reforzando o papel como educadores/as e nutrindo a vía para a profesionalización do sector do ocio e tempo de lecer. Ler mais…
Curso-práctico de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento
Abr 9
O centro acolle os vindeiros 24 e 25 de abril o curso-práctico de “Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento” dirixido a ONGD´s, medios de comunicación e outros axentes de cooperación.
O obxectivo do curso é dotar ás ONGD´s e axentes de cooperación das ferramentas axeitadas para poder mellorar a comunicación nas súas organizacións, poñendo como exemplo práctico, aplicable a outras ONGD´s, a experiencia do proxecto de colaboración posto en marcha entre Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO).
Recursos prácticos para a educación ambiental no tempo de lecer
Mar 8
Amigos da Terra desenvolverá o vindeiro 29 e 30 de maio o curso “Recursos prácticos para a educación ambiental no tempo de lecer”, enmarcado dentro do Plan de formación continua para monitores/as e directores/as de tempo libre que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Este curso pretende poñer en valor as ideas e capacidades dos monitores/as, reforzando o papel como educadores/as e nutrindo a vía para a profesionalización do sector do ocio e tempo de lecer.
Curso de voluntariado ambiental
Xan 26
As Corcerizas acolle do 2 ao 5 de febreiro un curso de voluntariado ambiental no que participan 30 alumnos/as do Instituto de Educación Secundaria “O Castro”, de Vigo. Durante catro xornadas, este grupo de mozos/as adquirirán unha visión integral da problemática ecosocial, capacitándoos para abordala e actuar dende dous eixes: que poden facer cada un deles, e como poden incidir na sociedade, utilizando sempre o papel do voluntariado como motor de cambio.