Posteos etiquetados Crise
Alimentos Quilométricos: novo programa escolar!
Feb 10
Os alimentos que comemos veñen cada vez de máis lonxe: hortalizas de Marrocos, garbanzos de México, viño de Chile.. Ademais, cada vez é maior a cantidade de alimentos que importamos, contribuindo ao abuso dos recursos naturais dos países do Sur e agravando o cambio climático pola gran cantidade de emisións de gases de efecto invernadero que supón.
Investiguemos como frear o cambio climático co que comemos cada día!
Convidámosvos a participar nas xornadas educativas que levaremos a cabo dende o mes de marzo ata xuño.
OS 3 PRIMEIROS CENTROS EN APUNTARSE DISFRUTARÁN DA XORNADA DE XEITO GRATUÍTO! coa financiación da Fundación Biodiversidad, a través do proxecto estatal do que forma parte este programa e que desenvolve Amigos de la Tierra en diferentes puntos do estado español.
Inscríbete agora no Campo de Traballo Alternativo
Xuñ 23
Xa está dispoñible o programa de contidos do campo de traballo alternativo e a ficha para que enviedes a vosa solicitude de inscrición, a través dun correo electrónico.
Pronto teredes máis información sobre as entidades e persoas que colaborarán con Amigos da Terra neste proxecto e enriquecerán a aprendizaxe.
Ficha de inscricion en formato odt
Ficha de inscricion en formato doc
Alternativas prácticas fronte a un modelo en crise
Nov 16
Ante a situación de crise enerxética e outros problemas ambientais e sociais relacionados co modelo de “desenvolvmento” actual, debemos identificar e aplicar solucións integrais que nos capaciten, dende xa, para iniciar o cambio cara un modelo de vida máis sustentable e coherente.
Co obxectivo de experimentar e presentar alternativas prácticas para este cambio, o vindeiro 28 e 29 de novembro As Corcerizas acollerá a parte “Accións prácticas para o cambio” do Seminario de cambio climático que deu comenzo no mes de outubro.