PENTAX ImageAmigos da Terra e Nosa Enerxía poñen en marcha unha xornada gratuíta en As Corcerizas, o día 16 de novembro, co fin de facilitar información para integrar fontes de produción de electricidade renovable a nivel doméstico e/ou consumir este tipo de enerxías con garantías de sostibilidade.

Logo dunha introdución sobre o sector enerxético, a Cooperativa Nosa Enerxía explicará as opcións de consumo de renovables e a súa área de comercialización como alternativa xa en funcionamento.

O resto da xornada será de carácter práctico, montando un sistema fotovoltaico asistido, da man de Suso López Taboada, instalador experto en sistemas eólicos, fotovoltaicos e microhidráulico. Tamén coñeceremos o funcionamento dun sistema illado a través da visita técnica guiada ás nosas instalacións enerxéticas de As Corcerizas. PROGRAMA COMPLETO

Ler mais…