Posteos etiquetados Comunicación

Get moving too! Xuntanza de Amigos da Terra Europa en As Corcerizas

Encuentro Amigos de la Tierra Europa en As CorcerizasDende o pasado luns e ate o vindeiro venres 20 de setembro, As Corcerizas acolle á xuntanza anual de formación dos grupos nacionais pertencentes á rede Amigos da Terra Europa; que este ano está a celebrar a súa segunda edición co título GET MOVING TOO: MOBILIZACIÓN EN TEMPOS DE CRISE.

Este encontro ten como obxectivo fortalecer a rede, promovendo o intercambio de ideas  sobre a mobilización social e a participación. Ler mais…

Curso de fotografía ambiental. Imaxes para o cambio social

200413_curso_fotografia_bicis_webEste curso, programado para o 20 e 21 de abril, capacitarate para realizar e empregar con maior profesionalidade imaxes e recursos comunicativos que habitualmente forman parte imprescindible de trípticos, informes, cartelería, etc;  e que no día día, compartimos a través das nosas webs, blogs e redes sociais.

Tanto se es responsable de comunicación dunha organización, activista dun movemento social, ou tes ganas de encher de mensaxe as publicacións nas redes sociais; este curso pode ser de alto interese para ti.

IMAXES PARA O CAMBIO SOCIAL quere axudarte a comunicar mellor a través da fotografía, de forma máis clara e certeira. Contribuíndo a un tecido asociativo máis creible, atractivo e influinte.

Ler mais…

As Corcerizas no boletín do CENEAM

Durante o mes de maio, As Corcerizas ocupou un espazo de relevancia na Carpeta informativa do Centro Nacional de Educación Ambiental CENEAM, un boletín electrónico mensual que constitúe un completo e práctico ficheiro de recursos en temas ambientais. Podedes consultar a reportaxe sobre As Corcerizas na sección ¿Quién es quién?, un espazo que adican a colectivos, entidades e institucións que traballan en educación ambiental.

O CENEAM é un centro de referencia en Educación Ambiental que leva máis de 20 anos traballando para promover a responsabilidade da cidadanía en relación ao medio ambiente. Parabéns polo aniversario!

 

Cualifícate en Interpretación do Patrimonio. Prazo aberto de inscrición

Amigos da Terra abre a convocatoria de inscrición para o Curso Aplicación da Interpretación do Patrimonio como Estratexia de Comunicación e Instrumento de Xestión.

interpretacion del patrimonio

Entendendo a Interpretación do Patrimonio como un arte, trátase de transmitir sensacións, sentimentos relevantes ao público, e despertar actitudes positivas para a conservación e coñecemento do noso patrimonio.

Trasladaremos esta definición na práctica aplicando esta potente estratexia de comunicación no medio natural en As Corcerizas e no medio urbano en Vigo.

DATAS E LUGAR: 7 e 8 de maio en As Corcerizas; 13, 14 e 15 de maio en Vigo.

DURACIÓN: 40 horas

PREZO: 175 € e 150 € para socios e socias de Amigos da Terra. O prezo inclúe matrícula do curso e aloxamento e manutención da fin de semana do 7-8 de maio en As Corcerizas.

Consulta os CONTIDOS e máis información sobre o curso.

 

Temario en base a cursos adaptados á Cualificación Profesional “Interpretación e Educación Ambiental”, segundo o Real Decreto 1224/2009 de Recoñecemento das Competencias Laborais.

Ler mais…

Comunicadores e ONGD únense para compartir formación e experiencias

Esta fin de semana, celebramos no Centro, o II Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, organizado por Amigos da Terra e AGARESO ( Asociación Galega de Reporteiros Solidarios). O curso, dirixido a membros de ONGD e profesionais dos medios de comunicación, pretendeu dar un paso máis na mellora das relacións entre os dous actores, ofrecendo novas ferramentas ás ONGD, para mellorar as mensaxes que lanzan dende as súas organizacións, e aos profesionais dos medios para que poidan comunicar dun xeito máis axeitado e adecuado á realidade do mundo da cooperación e a comunicación social. Ler mais…

II Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento

Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO), abren o prazo de inscrición para o II Curso de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, que terá lugar os vindeiros 2 e 3 de abril no Centro de Educación Ambiental As Corcerizas.

O curso, dirixido a membros de ONGD e profesionais dos medios de comunicación, pretende dar un paso máis na mellora das relacións entre os dous actores, ofrecendo novas ferramentas ás ONGD para que poidan mellorar as mensaxes que lanzan dende as súas organizacións, e converténdose ao mesmo tempo, nun espazo de reflexión para analizar as oportunidades e retos que ofrece a comunicación social á hora de acadar unha sociedade máis xusta e solidaria.

Ler mais…

Medios de comunicación e ONGD´s en As Corcerizas

Esta fin de semana levamos a cabo no centro o Curso-práctico de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento, un primeiro espazo de achegamento entre profesionais de medios de comunicación (prensa, radio e televisión) e membros/as de ONGD´s. Curso, que podemos cualificar de grande éxito, tanto polo número de participantes, como polos interesantes debates que se xeraron nas mesas.

Ler mais…

Curso-práctico de Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento

O centro acolle os vindeiros 24 e 25 de abril o curso-práctico de “Comunicación e Cooperación ao Desenvolvemento” dirixido a ONGD´s, medios de comunicación e outros axentes de cooperación.

O obxectivo do curso é dotar ás ONGD´s e axentes de cooperación das ferramentas axeitadas para poder mellorar a comunicación nas súas organizacións, poñendo como exemplo práctico, aplicable a outras ONGD´s,  a experiencia do proxecto de colaboración posto en marcha entre Amigos da Terra e a Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO).

Ler mais…