Posteos etiquetados Cociña Ecolóxica
Encontro de Soberanía Alimentaria. Alternativas locais para un cambio global
Set 10
A relación que temos cos alimentos e a forma na que os producimos está sometida a presións crecentes. Como resultado, a agricultura a pequena escala está sendo reemplazada por unha a gran escala, creada por agro-empresas transnacionais. Con este encontro en As Corcerizas, do 26 ao 28 de setembro, pretendemos participar na construción de pontes entre a xente e os seus alimentos:
A AGRO-INDUSTRIA E AS SÚAS REPERCUSIÓNS: unha visión global sobre a realidade dos transxénicos; o acaparamento de terras; e o novo asalto da globalización económica: os tratados de libre comercio. Informándonos sobre as consecuencias ambientais e nas comunidades, e debatindo para acadar propostas.
DA HORTA AO PRATO. Obradoiro de Cociña EcoLóxica: alternativas prácticas para un cambio global.
Consulta os contidos, horarios e tarifas aquí: PROGRAMA SOBERANÍA ALIMENTARIA AS CORCERIZAS
Apúntate ao curso de alimentación eco-loxica e natural
Mai 24
Dende Amigos da Terra apostamos por unha alimentación sana, natural e sustentable, polo que os días 15 e 16 de xuño levaremos a cabo a III edición do curso. Nesta ocasión achegarémonos a coñecer o tipo de alimentación axeitado ás necesidades nutricionais de cada persoa, aprendendo a deseñar e preparar dietas equilibradas e equilibradoras; coñecendo o que máis nos convén segundo a estación e estado do noso organismo en cada momento. Aprenderemos menús alternativos, carentes de lácteos ou glute entre outras cousas!
Consulta os contidos específicos e máis información no [PROGRAMA COMPLETO]
A actividade é gratuíta e as prazas limitadas, inscríbete xa!
Participa no curso práctico de Cociña ecolóxica e local (Completo)
Abr 16
Os días 5 e 6 de maio levaremos a cabo o curso práctico de cociña ecolóxica. Nesta II edición achegarémonos máis a unha alimentación local e de tempada, centrándonos en alternativas para combinar os alimentos e obter a enerxía que precisamos na estación de primavera.
Coñeceremos os impactos que provocan os alimentos que percorren miles de quilómetros mentres cociñamos alternativas e coñecemos novas recetas.
Contaremos coa colaboración da especialista en cociña natural Gloria Domecq.
O curso está dirixido a calquera persoa, asociación, cooperativa de consumo, empresa, etc., interesada na transición cara unha alimentación sana e sustentable.
Apúntate aos novos cursos e actividades nesta primavera
Mar 20
Dende Amigos da Terra adiantámosvos o programa de accións formativas que levaremos a cabo nesta primavera. Cada curso será convocado e detallado coa información precisa, pero podedes facer unha pre-reserva enviando un correo a info@ascorcerizas.com coa vosa solicitude.
Ademais poderedes disfrutar dun programa de educación ambiental e lecer na natureza, “Roteiros para a Xuventude”, con actividades de sendeirismo, orientación, coñecemento etnográfico e balneario! Máis información dos Cursos e actividades nesta primavera.
Reserva datas e apúntate canto antes!- Inclusión do enfoque de sostibilidade ambiental nos proxectos de Cooperación, 14-15 de abril
- Cociña ecolóxica local. Transición cara unha alimentación sana e sustentable, 5-6 de maio
- Xornadas de Biodepuración: sistema F.M.F. e microorganismos eficientes, 26-27 de maio
- Carpintería en Bioconstrución, 9-10 de xuño